O satélite TESS da NASA surcará mañá o espazo a bordo do foguete Falcon 9, e será o encargado de relevar ao tamén satélite Kepler na búsqueda de exoplanetas (planetas que orbitan ao redor dunha estrela distinta ao Sol e que, polo tanto, non pertencen ao Sistema Solar) nos que puidera haber vida.
Kepler lanzouse no ano 2009 e descubreu uns 3000 exoplanetas. Ademáis, confirmou que hai máis planetas que estrelas na nosa galaxia e que o Sol pertence a unha categoría común de estrelas. Pero a NASA comunicou o mes pasado que o combustible íase rematar, polo que agora será TESS o encargado de realizar esta misión.
Da mesma forma que Kepler estivo acompañado do telescopio Hubble, TESS estará acompañado do telescopio James Webb que está programado para lanzarse ao Espacio no ano 2020. Mentres que o satélite determinará a masa e a órbita de 50 novos planetas, o telescopio investigará as súas propiedades.
Para moitos, comeza unha nova era na investigación de exoplanetas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario