Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS DO FEAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS DO FEAL. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de novembro de 2018

Viaxe ao funcionamento do cerebro

O pasado martes 20 de novembro os alumnos de 4ºESO deprazámonos ao Pazo da Cultura para asistir a unha charla divulgativa do biólogo e experto en neurofisioloxía Xurxo Mariño. A charla dividíase en dúas partes: como funciona o cerebro e como se pode musicalizar ese funcionamento.
Na primeira parte repasamos as partes do encéfalo e os seus usos, a razón de ter sistema nervioso mentres que outros seres vivos non o teñen (precisamos movemento para realizar as nosas funcións vitais) e os estímulos que recibimos do exterior e a súa interpretación por parte do cerebro.
Na segunda parte descubrimos un proxecto do equipo de Xurxo que consiste en escoitar o ruido que fan as neuronas. Para conseguir isto, precísase un aparello similar a unha agulla que se introduce no líquido no que se atopan as neuronas. Se o situamos no corpo dunha neurona escoitaremos o sonido desa soa célula, mentres que se o colocamos no líquido entre varias neuronas escoitaremos o sonido de todas elas.
O son producido por unha é constante ata que se produce a sinapse, na que se orixina un pico (correspondente a un pico na gráfica adxunta). Tamén poden observarse estos picos cando percibimos un novo estímulo. Varias neuronas producen moito ruido xa que teñen distintos momentos de sinapse ou se corresponden a distintos estímulos.
Na charla tamén se mencionaron enfermidades neurodexenerativas (como o Párkinson ou o Alzhéimer) e un dato moi curioso: temos 86 000 millóns de neuronas, e cada segundo morre unha; pero temos tantas que ao chegar á vellez só perdemos un 4% do total.
A charla foi moi amena e aprendimos moitísimas cousas novas que despertaron o noso interés.

Noa Filgueira Piñeiro

martes, 9 de outubro de 2018

CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA



CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA

Vai dirixido para os alumnos da ESO do CPI do Feal que sinten que levan un reporteiro dentro e ademáis lles gusta a Ciencia. 
O concurso consiste en recompilar novas científicas, resumilas e subilas ao blogue. Acompañando este resumo, deben aparecer as seguintes partes:
1)   Título para a nova
2)   Nome e curso do alumno e materia na que se fixo o traballo
3)   Medios de comunicación dos que se recolle a noticia (xornal, xornal científico ou sitio web)

O concurso será trimestral, de xeito que en cada avaliación escollerase a mellor nova.
ANÍMATE  e participa (para facelo, tes que falar antes con María Varela para que te habilite como colaborador/a)

martes, 2 de outubro de 2018

CONCURSO "FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA" NO FEAL


CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA” CURSO 18/19

Un ano máis, convócase ao alumnado da ESO do Feal a participar no concurso de fotos da natureza, con un  premio de 2 ENTRADAS DE CINE. As bases do concurso atópanse máis abaixo. Algunhas fotos presentadas o ano pasado son:


"ACANTILADOS"
"CANÓNS DO RÍO SIL"



"O BOSQUE"


E A FOTO GAÑADORA FOI:

NA PRAIA DE DONIÑOS


BASES DO CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA”
OBXECTO DO CONCURSO
Fotografías da natureza: paisaxes, seres vivos, fenómenos naturais (atmosféricos, xeolóxicos, biolóxicos, …) formacións xeolóxicas, procesos biolóxicos, …
PRAZO DE PRESENTACIÓN
DATA LÍMITE: 31 DE OUTUBRO. A partir desa data non se recollerán traballos.
PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a todos os alumnos da ESO
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
·         CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
o   As fotografías teñen que representar algo relacionado coa natureza.
o   Deben ser fotografías feitas polo alumno/a que a presenta ao concurso, DE TAL FORMA QUE AO PINCHAR A FOTO APAREZAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O DÍA QUE SE FIXO A FOTO
o   Pódense presentar 2 fotografías por concursante
o   Se na fotografía aparece unha persona recoñecible e allea ao instituto, requírese autorización para o uso e difusión da foto.
·         FORMA DE PRESENTACIÓN E ENVÍO
o   A fotografía enviarase a un apartado aberto na aula virtual do Departamento de Bioloxía cubrindo unha ficha cos datos seguintes:
§  NOME DO AUTOR
§  DATA E LUGAR NO QUE SE TOMOU A FOTO
§  DISPOSITIVO EMPREGADO PARA FACER A FOTO
§  TÍTULO DA  FOTO
·         XURADO
As fotos estarán expostas no instituto durante a segunda semana de novembro, cun número asignado e de forma anónima, de tal forma que os alumnos poderán votar a foto que máis lles gusta en un sitio habilitado na aula virtual, onde tamén estarán expostas as fotos.
PREMIO:
2 ENTRADAS DE CINE
ORGANIZA : DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA