mércores, 17 de outubro de 2018

Por que os elefantes practicamente nunca morren de cancro?

Foi no ano 1975 cando o epidemiólogo Richard Peto desenvolveu a súa teoría de que canto máis grande era un animal, menos casos de cancro había na súa especie. É dicir, que cantas máis células hai nun individuo, menor número delas dan lugar a tumores malignos.

Nos nosos días este estudo está a ser continuado pola Universidade de Chicago e pola Universidade de Utah, que elexiron ao elefante como obxecto do seu estudo. Este animal ten 100 veces máis células que os seres humanos e case nunca falece de cancro. Por que?

O dato obtido foi o descubrimento dun xen especial chamado P53, do que o elefante ten 20 copias (os humanos, só 1) que repara o dano celular e elimina as células que poden dar lugar a un tumor maligno, o que o converte nun xen supresor tumoral.

Ademáis, este xen activa á súa vez un pseudoxen inhibidor da leucemia, chamado LIF6, do que o elefante ten entre 7 e 11 copias adicionales.

Todos estes estudos axúdanos a comprender mellor a alta esperanza de vida dos elefantes.

Noa

Ningún comentario:

Publicar un comentario