O hidróxeno da graxa do camelo
mestúrase co osíxeno producindo así auga. Con medio quilo de graxa, o camelo
consigue medio litro de auga. O camelo empeza a perder peso ao realizar este
proceso. De feito, a xiba empeza a diminuír de tamaño e incluso pode chegar a
deslizarse a un costado. En canto o camelo volve a alimentarse, a súa xiba
volve a colocarse en posición vertical.
A capacidade de
alimentarse do camelo é outro dos secretos para a súa supervivencia no deserto.
En tan só uns 15 minutos, un camelo pode beber cerca de 140 litros de auga.
Desde ese momento, comezará a producir graxa de novo.
A pelaxe tamén inflúe. O camelo
ten o pelo curto e uniforme repartido por todo o seu corpo. Con el evita que os
raios do sol lle afecten de maneira directa. Pero ademais, cando a temperatura
ambiental é superior á do seu corpo, a pelaxe non só non lle da calor, se non
que axúdalle a reducilo.
Nora Luaces Mesías, Naiara
Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario