sábado, 19 de xaneiro de 2019

Calendario do ceo 2019

Este 2019 ven cheo de fenómenos astronómicos, ademáis de ser o cincuenta aniversario da chegada do home á Lúa. Déixovos un calendario realizado polo astrofísico Borja Tosar e publicado no suplemento "YES" do xornal La Voz de Galicia.

Xaneiro:
  • O día 21 teremos un eclipse lunar, que se produce cando o noso satélite pasa pola sombra que proxecta a Terra. A fase total será ás 05:41 horas, aínda que o proceso será visible na súa totalidade desde Galicia.

Febreiro:
  • Neste mes poderemos ver unha superlúa un 30% máis brillante e un 14% máis grande o día 19. Para que isto ocorra, o satélite debe estar na súa fase chea e atoparse preto da Terra.

Marzo:
  • O día 4 a Lúa alinearase cos planetas Xúpiter, Saturno e Venus. Será visible no amencer.

Abril:
  • Neste mes veremos como "bailan" o planeta Venus e o noso satélite durante a noite do día dous, fenómeno coñecido como conxunción.

Maio:
  • O fenómeno máis destacado deste mes será a choiva de estrelas chamadas Eta-Acuáridas que proceden do cometa Halley. Poderán chegar a verse ata 40 meteoros por hora, entre os días 6 e 7.

  • O día 18 veremos a segunda lúa chea do mes coñecida como lúa azul, dado que haberá unha anterior nos primeiros días.

Xuño:
  • O día 10 deste mes a Terra situarase entre o Sol e Xúpiter, polo que será unha das mellores ocasións para observalo.

Xullo:
  • O día dous haberá un eclipse de Sol, mais só poderá verse desde o Pacífico Sur.

  • O día 16 teremos outro eclipse de lúa como o de xaneiro, pero en Galicia só será visto de forma parcial.

Agosto:
  • Neste mes observaremos unha conxunción como a de abril, pero nesta ocasión será de Xúpiter, o día 10.

  • Ademáis, teremos ás coñecidas Perseidas entre os días 12 e 13. Haberá uns dous meteoros por minuto.

Setembro:
  • O día 10 será a oposición de Neptuno, polo que será observable coa axuda duns prismáticos ou dun telescopio.

Outubro:
  • A elongación é o momento no que Mercurio alcanza a súa máxima separación do Sol. Verase no ceo galego xusto despois do amencer o día 20.

Novembro:
  • O día 11 será visible desde Galicia o comezo dun eclipse producido polo paso de Mercurio diante do Sol.

  • Entre os días 17 e 18 poderemos observar ás Leónidas, procedentes da nube de polvo xerada polo cometa Tempel-Tuttle. Agárdanse quince meteoros por hora.

Decembro:
  • Neste último mes teremos a última choiva de estrelas do ano, as Xemínidas. Veranse ata 110 por hora entre os días 13 e 14.

  • O día 26 haberá un eclipse Sol, pero non será visible desde Galicia.

Noa