martes, 9 de outubro de 2018

Ollos biónicos, unha posible realidade?

Estamos nunha era na que se están a facer moitas investigacións relacionadas coa creación de partes do corpo biónicas (artificiais) para tratar enfermidades. Seguindo outros estudos anteriores, Michael McAlpine (profesor asociado de Enxeñería Mecánica na Universidade de Minnesota) dirixiu un estudo que tiña como obxectivo instalar fotorreceptores nunha superficie curva que simulase un ollo humano. McAlpine traballou co seu equipo, coñecido por crear dispositivos electrónicos, elementos biolóxicos e impresións en 3D como a orella biónica ou a tela sintética que funciona como pel biónica.
Este estudo compúxose de tres pasos. o primeiro foi crear unha cúpula hemisférica de cristal que mostrase o xeito de imprimir dispositivos electrónicos nunha superficie curva. Para poder facer esta impresión precisaron dunha tinta de partículas de prata. Para asombro de todos, esta tinta secouse homoxeneamente (sen desprazarse pola superficie curva e sen deixar grumos) en forma de base na que logo os investigadores colocarían os semiconductores que converten a luz en electricidade chamados fotodiodos. Este sistema fotorreceptor capta a luz e a converte en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro.
O proceso durou unha hora e o sistema realizouse cun material brando que pode chegar a ser implantado nun ollo real.
O equipo de McAlpine pretende crear un próximo prototipo con máis detectores de luz que sexa máis eficiente.
Anteriormente un equipo da Universidade de Newcastle mezclou células nai da córnea dun donante sá cunha solución de alxinato e coláxeno que funcionaba como unha biotinta. Este proceso durou dez minutos e deu como resultado un texido que pode funcionar como unha córnea. Ademáis, este texido pode crearse coas medidas de forma e tamaño da córnea dun paciente, o que daría unha córnea artificial coas dimensións dunha córnea real.
Podemos dicir que estamos moi preto de curar enfermidades como a ceguera grazas a investigacións como estas.
Aquí están os vídeos nos que as universidades mostran os seus avances e os procesos de creación.

Prototipo de ollo biónico da Universidade de Minnesota

Primeira córnea biónica da Universidade de Newcastle

Noa


Ningún comentario:

Publicar un comentario