Este 2019 ven cheo de fenómenos astronómicos, ademáis de ser o cincuenta aniversario da chegada do home á Lúa. Déixovos un calendario realizado polo astrofísico Borja Tosar e publicado no suplemento "YES" do xornal La Voz de Galicia.
Xaneiro:
- O día 21 teremos un eclipse lunar, que se produce cando o noso satélite pasa pola sombra que proxecta a Terra. A fase total será ás 05:41 horas, aínda que o proceso será visible na súa totalidade desde Galicia.
Febreiro:
- Neste mes poderemos ver unha superlúa un 30% máis brillante e un 14% máis grande o día 19. Para que isto ocorra, o satélite debe estar na súa fase chea e atoparse preto da Terra.
Marzo:
- O día 4 a Lúa alinearase cos planetas Xúpiter, Saturno e Venus. Será visible no amencer.
Abril:
- Neste mes veremos como "bailan" o planeta Venus e o noso satélite durante a noite do día dous, fenómeno coñecido como conxunción.
Maio:
- O fenómeno máis destacado deste mes será a choiva de estrelas chamadas Eta-Acuáridas que proceden do cometa Halley. Poderán chegar a verse ata 40 meteoros por hora, entre os días 6 e 7.
- O día 18 veremos a segunda lúa chea do mes coñecida como lúa azul, dado que haberá unha anterior nos primeiros días.
Xuño:
- O día 10 deste mes a Terra situarase entre o Sol e Xúpiter, polo que será unha das mellores ocasións para observalo.
Xullo:
- O día dous haberá un eclipse de Sol, mais só poderá verse desde o Pacífico Sur.
- O día 16 teremos outro eclipse de lúa como o de xaneiro, pero en Galicia só será visto de forma parcial.
Agosto:
- Neste mes observaremos unha conxunción como a de abril, pero nesta ocasión será de Xúpiter, o día 10.
- Ademáis, teremos ás coñecidas Perseidas entre os días 12 e 13. Haberá uns dous meteoros por minuto.
Setembro:
- O día 10 será a oposición de Neptuno, polo que será observable coa axuda duns prismáticos ou dun telescopio.
Outubro:
- A elongación é o momento no que Mercurio alcanza a súa máxima separación do Sol. Verase no ceo galego xusto despois do amencer o día 20.
Novembro:
- O día 11 será visible desde Galicia o comezo dun eclipse producido polo paso de Mercurio diante do Sol.
- Entre os días 17 e 18 poderemos observar ás Leónidas, procedentes da nube de polvo xerada polo cometa Tempel-Tuttle. Agárdanse quince meteoros por hora.
Decembro:
- Neste último mes teremos a última choiva de estrelas do ano, as Xemínidas. Veranse ata 110 por hora entre os días 13 e 14.
- O día 26 haberá un eclipse Sol, pero non será visible desde Galicia.
Noa
Ningún comentario:
Publicar un comentario