domingo, 19 de maio de 2019

Primeira muller na Lúa

Neste mes de xullo cumpliranse 50 anos da misión Apolo, que permitiu a chegada de Neil Armstrong e Buzz Aldrin á superficie lunar. Agora, a NASA ten prevista unha nova misión que será chamada Artemisa (pola relación desta deusa grega con Apolo e coa Lúa) e consistirá no envío dun home e dunha muller ao noso satélite cara ao ano 2024. O principal obxectivo é manter unha presencia continuada e poder chegar a enviar unha nova misión cada ano.
Este feito supón o retorno dos voos tripulados á Lúa e a primeira presenza feminina neste tipo de actividades.

Noa

Ningún comentario:

Publicar un comentario