Aínda que xa rematou a popular serie telivisiva The Big Bang Theory, quizáis moitas persoas non sepan que o capítulo número 73 ten un especial valor matemático. Nel, Sheldon (o protagonista) pregúntalles aos seus amigos cal é o mellor número de todos. Sen darlles tempo a contestar, el mismo afirma que é o 73, porque "o 73 e o vixésimo-primeiro número primo; ao invertir as súas cifras obtemos o número 37, que é o primo número 12. E ao invertir este obtemos o 21, que é o produto de 7 e 3".
Tras unha investigación realizada polo experto en teorías de números Carl Pomerance (da Universidade Dartmouth) e o matemático Christopher Spicer (da Universidade de Morningside), deuse a coñccer que o 73 é o único número que cumpre estas singulares características, creándose unha definición nova chamada "primo de Sheldon".
Cando o físico e asesor científico da serie David Saltzberg descubriu esta nova definición, rendiulles unha homenaxe aos científicos colocando dentro doutro episodio, ao fondo, unha pizarra cos cálculos necesarios para chegar a esa conclusión.
NOA
Ningún comentario:
Publicar un comentario