TIPOS DE ROCHAS
Unha rocha é un sólido cohesionado que está formado por un ou
máis minerais.
As rochas pódense clasificar en tres grupos:
Ø Sedimentarias: fórmanse a partir da *diaxénese de sedimentos
orixinados pola alteración das rochas preexistentes, que foron transportados
polos axentes xeolóxicos e depositados nas cuncas sedimentarias.
Segundo
a orixe dos sedimentos as rochas sedimentarias divídense en:
·
Rochas detríticas: Fórmanse pola acumulación de clastos**
procedentes da meteorización doutras rochas, que chegan transportados polos
axentes xeolóxicos, á súa vez as rochas dentríticas clasifícanse en tres grupos
principais:
o
Conglomerados: Formados por cantos. Entre estes
pode haber ademais area e arcilla.
o
Pedras de gra: Constituídas por grans de area
compactados e unidos entre sí.
o
Lutitas: Formadas por partículas de arxilla
tan pequenas que só se poden diferenciar cun microspocio
·
Rochas non dentríticas: Orixínanse pola acumulación de
materiais no mesmo lugar da súa sedimentación. Clasifícanse en tres tipos,
segundo a súa composición química:
o
Rochas carbonatadas: Compostas maioritariamente por
carbonatos.
o
Rochas evaporíticas: Fórmanse pola evaporación da auga.
o
Rochas orgánicas: Prodúcense pola acumulación de
restos órganicos.
Ø Magmáticas
(ou ígneas): Son as que se forman
a partir do magma.
As
rochas magmáticas divídense en tres grupos:
·
Rochas plutónicas: Orixínanse cando o magma se
consolida no interior da codia, sen chegar a alcanzar a superficie. O seu
arrefriamento é moi lento, o que permite a cristalización dos minerais. A rocha
presenta por isto unha estructura cristalina, é dicir, os minerais están
cristalizados e poden recoñecerse a simple vista.
·
Rochas volcánicas: Prodúcense cando a lava
solidifícase, tanto na superficie terrestre, ou baixo a auga. O arrefriamento
rápido da lava non permite a formación de cristais grandes, polo que a rocha
presenta unha textura microcristalina (con cristais diminutos) ou ven vítrea
(sen cristais).
·
Rochas filonianas: Prodúcense cando o magma ascende
ata zonas superficiais, pero non chega a saír ao exterior, introdúcense polas
zonas fracturadas formando diques ou
filóns.
Ø Metamórficas: Fórmanse a través de cambios das rochas magmáticas e
sedimentarias producidos por altas presión e temperatura.
As rochas metamórficas poden presentar diferentes
tipos estructurais dependendo da disposición dos seus compoñentes:
§ Estructura foliada: Aspecto de láminas superpostas, que poden ser planas e paralelas ou
estar deformadas.
§ Estructura granoblástica: No interior da rocha metamórfica aparecen cristais
irregulares soldados entre sí. A rocha non presenta direccións preferentes de
rotura.
* É o conxunto de procesos de
formación dunha rocha sedimentaria a partir de sedimentos.
** Fragmentos de rochas de tamaños
moi diversos.
Enlace a vídeo relacionado:
Enlace a páxinas web relacionadas:
Mario Mouriz
Ningún comentario:
Publicar un comentario