- Colisionando
- Separándose
- Escorregando
Colisionando: dúas placas chocan unha contra outra, polo que a máis densa e pesada afúndese baixo a máis lixeira.Pode darse o caso de que choquen unha placa oceánica e outra continental, polo que entón a placa oceánica quedaría debaixo e formaríase unha zona de subdución. Cando isto sucede, fórmase un bordo converxente.
Separándose: dúas placas sepáranse, e o material do manto que había entre elas sae á superficie e orixina litosfera oceánica. A fenda que queda entre as dúas placas recibe o nome de rift. Cando isto sucede fórmase un bordo diverxente.
Escorregando: dúas placas escorregan unha contra outra horizontalmente. Fórmase unha falla transformante. Cando isto sucede fórmase un bordo de cizalla.
Os bordos das placas son zonas de gran rico sísmico e volcánico. Os bordos converxentes e de cizalla
orixinan sismicidade, mentres que os bordos diverxentes son zonas de gran risco volcánico.
Un volcán manifesta como o calor do manto expulsa ao exterior rocha fundida, fragmentos de rocha sólida, gases e cinzas á atmosfera.
Os terremotos débense á vibración producida polos movementos ou roturas da codia terrestre.
Déixovos algunhas imaxes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario