xoves, 12 de abril de 2018

COMO FALAN OS LOROS
Hai que destacar que os loros non posúen cordas vogais e o que fan é emitir sons, a través dos cales se comunican cos da súa mesma especie, ao tratarse dunha ave de gran capacidade social. Polo tanto, hai que ter en conta o feito de que os loros non falan nin teñen a capacidade de manter conversación algunha, tal e como entendemos os humanos o concepto de falar e conversar. En realidade o que os loros fan (e outras aves coma as cotorras, corvos, urracas, estorninos, cacatúas, etc…) é repitir aqueles sons que escoitaron e son capaces de reproducilos con gran precisión, grazas ao órgano vogal que posúen, na base da tráquea, chamado “siringe”. A pequena lingua redonda que teñen, a cal moven con gran rapidez, provoca que as vibracións do aire nas paredes da siringe reproduzan aqueles sons que escoitaron e queren emitir.

Bibliografia
WWW.INFOANIMALES.COM
WWW.HABLEMOSDEAVES.COM
REALIZADO POR:
IAGO MEIZOSO MÀRQUEZ 

Ningún comentario:

Publicar un comentario