O ciclo da auga, tamén denominado ciclo hidrolóxico, é o un proceso moi importante para a modelaxe do terreo. Componse de seis procesos: evaporación, condensación, precipitación, escorrentía superficial, infiltración e chegada ao mar.
1. Evaporación: a auga evapórase da superficie terrestre e dos lagos, ríos, mares... grazas á enerxía solar.
2. Condensación: o vapor condénsase e fórmanse as nubes. A enerxía térmica acumulada no proceso de evaporación emítese posteriormente ao espazo.
3. Precipitación: as nubes producen a precipitación da auga en diversas formas (chuvia, sarabia, neve...)
4. Escorrentía superficial: a auga precipitada desde as nubes acumúlase nos glaciares, nos lagos, nos ríos...
5. Infiltración: a auga acumúlase tamén baixo terra, en forma de augas subterráneas que no seguinte paso do proceso tamén chegarán ao mar e aos océanos.
6. Chegada ao mar: a auga dos pasos anteriores discorre cara ao mar formando cursos de auga; a partir de aquí, o proceso enteiro repítese se novo.
O ciclo hidrolóxico non sería posible sen a enerxía solar, que é necesaria xa no primeiro paso. Ao producir precipitacións de auga e neve nos relevos, o ciclo mantén en funcionamento axentes xeolóxicos como os ríos, os glaciares e as augas subterráneas. Dótaos de enerxía para fluír e tamén para facer a modelaxe do relevo.
Aprendiendo con/ciencia pretende ser un blogue que nos axude na aprendizaxe da ciencia. Creado por unha profesora de Bioloxía que aprende moito con e dos seus alumnos. Xestionado por alumnos con inquedanzas científicas e tecnolóxicas.
sábado, 26 de maio de 2018
xoves, 17 de maio de 2018
Estudantes galegos atrévense a botar unha sonda á estratosfera
Mirade esta noticia sobre un proxecto duns estudantes de secundaria galegos.
http://www.gciencia.com/fotonautas/galicia-estratosfera-sonda-nosa/
http://www.gciencia.com/fotonautas/galicia-estratosfera-sonda-nosa/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)