Este venres 27 de xullo presenciaremos o maior eclipse lunar do século XXI. Será total, no que a Terra escurecerá á Lúa por completo ao interpoñerse entre ela e o Sol, e deixará ao satélite tinguido por completo de vermello. O eclipse comezará ás 19:14 horas (hora peninsular española) na fase de penumbra. Durará catro horas, nas que a fase culminante durará unha hora e corenta e tres minutos. A totalidade do eclipse será ás 21:30 horas e se prolongará ata as 23:13 horas aproximadamente. A Lúa recuperará a normalidade á 01:30 da madrugada.
Para explicar o motivo de que a Lúa véxase vermella nestes casos, engado una imaxe que o explica.
*Gustaríame agradecer á miña irmá Lola a axuda que me prestou para escribir este artigo. : )
Aprendiendo con/ciencia pretende ser un blogue que nos axude na aprendizaxe da ciencia. Creado por unha profesora de Bioloxía que aprende moito con e dos seus alumnos. Xestionado por alumnos con inquedanzas científicas e tecnolóxicas.
venres, 27 de xullo de 2018
mércores, 18 de xullo de 2018
Descubertas doce novas lúas en Xúpiter
Un equipo de astrónomos estadounidenses dirixido por Scott Sheppard descubríu a doce novos satélites que orbitan ao redor de Xúpiter, o cal xa conta con 79 lúas coñecidas e se converte no planeta ao que máis satélites orbitan. Pois aínda que Mercurio e Venus non contan con lúas coñecidas, o resto do Sistema Solar está cheo delas. A Terra ten unha, Marte ten dúas, Xúpiter ten 79, Saturno ten 62, Urano ten 27, Neptuno ten 14 e Plutón ten cinco.
As novas doce lúas de Xúpiter descubríronse case por casualidade, xa que en realidade o que se estaba a buscar eran planetas nos límites do Sistema Solar, máis alá de Plutón. As primeiras observacións realizáronse desde o Observatorio Interamericano do Cerro Tololo, en Chile.
Os novos satélites miden menos de tres quilómetros cada un e son moi pouco luminosos. Dous deles avanzan na mesma dirección que a rotación de Xúpiter e son os máis interiores. Nove deles son exteriores e avanzan na dirección oposta á rotación do seu planeta. E o último, bautizado co nome de Valetudo (propio da mitoloxía romana), é considerado como o máis estraño de todos eles posto que avanza na dirección dos satélites interiores pero ao nivel das exteriores.
Todos os científicos coinciden en que esta situación rematará nunha colisión frontal que reducirá estes obxectos a polvo.
Aquí una imaxe das lúas. As órbitas azuis son as dúas lúas que avanzan na mesma dirección que a rotación de Xúpiter. As órbitas vermellas son as nove lúas que avanzan na dirección oposta á rotación do seu planeta. E a órbita verde é valetudo, xirando como as interiores pero no lugar das exteriores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)