Este característico lago australiano foi descuberto polo navegante Matthew Flinders (primeira persoa en circunnavegar Australia) no ano 1802; está situado na illa Middle, no arquipélago de La Recherche. Bordeado por area e por un bosque de malaleuca e eucalipto, atópase separado do océano Antártico por unha serie de dunas cubetas de vexetación, creando una singular estampa.
A súa cor rosada parece ter orixe na presenza de
Halobacterias (microorganismos unicelulares procariotas que se atopan na auga con sal e que crean as mareas vermellas) e
Dunaliella salina (microalgas con propiedades antioxidantes), os cales desprenden prigmentos que colorearían a auga.
En contra do que se pode pensar, non presenta ningún tipo de efecto adverso sobre os humanos e
ao botala nun recipiente con auga dunha tonalidade normal permanece rosada.
Noa