Aprendiendo con/ciencia pretende ser un blogue que nos axude na aprendizaxe da ciencia.
Creado por unha profesora de Bioloxía que aprende moito con e dos seus alumnos.
Xestionado por alumnos con inquedanzas científicas e tecnolóxicas.
Existe a crenza popular de
que a xiba dos camelos esta rechea de auga. Pero isto é mentira. Esta repleta
de graxa. Nunha xiba pode almacenar hasta 36 quilos de graxa. O camelo é capaz
de metabolizar esta graxa para producir auga, alimento e enerxía.
O hidróxeno da graxa do camelo
mestúrase co osíxeno producindo así auga. Con medio quilo de graxa, o camelo
consigue medio litro de auga. O camelo empeza a perder peso ao realizar este
proceso. De feito, a xiba empeza a diminuír de tamaño e incluso pode chegar a
deslizarse a un costado. En canto o camelo volve a alimentarse, a súa xiba
volve a colocarse en posición vertical.
A capacidade de
alimentarse do camelo é outro dos secretos para a súa supervivencia no deserto.
En tan só uns 15 minutos, un camelo pode beber cerca de 140 litros de auga.
Desde ese momento, comezará a producir graxa de novo.
A pelaxe tamén inflúe. O camelo
ten o pelo curto e uniforme repartido por todo o seu corpo. Con el evita que os
raios do sol lle afecten de maneira directa. Pero ademais, cando a temperatura
ambiental é superior á do seu corpo, a pelaxe non só non lle da calor, se non
que axúdalle a reducilo.
O raposo ártico é un
animal incribelmente forte, capaz de sobrevivir ás frías temperaturas do
Ártico, que poden alcanzar os -50º, nas zonas desarboradas nas que habita.
Ten
as plantas dos pés peludas, orellas curtas e un fociño chato, todas elas adaptacións
importantes para vivir nun clima frío.
Os raposos árticos viven en covas ou
guaridas, e evitan o azote das fortes nevadas refuxiándose nos túneles que
cavan na neve.
Mudan
estacionalmente o seu pelaxe adaptándoo ás necesidades de cada época. Deste
modo, en verán a capa de pelo é fina e escura para facilitar a absorción de
calor solar mentres que en inverno volvese moi espesa e branca brindando
protección contra o frío e mimetismo.
Outras das súas adaptacións
contra o frío é a súa pel profunda e grosa, un sistema de intercambio de calor a
contracorrente na circulación das patas para conservar a temperatura central e
una boa cantidade de graxa corporal.
Estamos nunha era na que se están a facer moitas investigacións relacionadas coa creación de partes do corpo biónicas (artificiais) para tratar enfermidades. Seguindo outros estudos anteriores, Michael McAlpine (profesor asociado de Enxeñería Mecánica na Universidade de Minnesota) dirixiu un estudo que tiña como obxectivo instalar fotorreceptores nunha superficie curva que simulase un ollo humano. McAlpine traballou co seu equipo, coñecido por crear dispositivos electrónicos, elementos biolóxicos e impresións en 3D como a orella biónica ou a tela sintética que funciona como pel biónica.
Este estudo compúxose de tres pasos. o primeiro foi crear unha cúpula hemisférica de cristal que mostrase o xeito de imprimir dispositivos electrónicos nunha superficie curva. Para poder facer esta impresión precisaron dunha tinta de partículas de prata. Para asombro de todos, esta tinta secouse homoxeneamente (sen desprazarse pola superficie curva e sen deixar grumos) en forma de base na que logo os investigadores colocarían os semiconductores que converten a luz en electricidade chamados fotodiodos. Este sistema fotorreceptor capta a luz e a converte en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro.
O proceso durou unha hora e o sistema realizouse cun material brando que pode chegar a ser implantado nun ollo real.
O equipo de McAlpine pretende crear un próximo prototipo con máis detectores de luz que sexa máis eficiente.
Anteriormente un equipo da Universidade de Newcastle mezclou células nai da córnea dun donante sá cunha solución de alxinato e coláxeno que funcionaba como unha biotinta. Este proceso durou dez minutos e deu como resultado un texido que pode funcionar como unha córnea. Ademáis, este texido pode crearse coas medidas de forma e tamaño da córnea dun paciente, o que daría unha córnea artificial coas dimensións dunha córnea real.
Podemos dicir que estamos moi preto de curar enfermidades como a ceguera grazas a investigacións como estas.
Aquí están os vídeos nos que as universidades mostran os seus avances e os procesos de creación.
A deforestación é un proceso no que se destrúe a superficie forestal, directa ou indirectamente pola acción do ser humano
1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza2. Posibles consecuenicias3. Solucións á deforestación
1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza.
As principais causas da deforestación son:
-Para a construcción de viviendas, esta vese agravada pola superpoboación .
-Para crear artículos comerciais, como papel, mobles e casas.
-Para crear ingredientes para articulos de consumo, como aceite de palma.
-Para crear espacio agrícola e gandeiro.
-Incendios forestales.
Na actualidade a deforestación causa un grandísimo impacto na natureza de diversas maneiras:
1. Danando a calidade dos solos, ao arrasar de forma masiva os bosques o solo queda duramente danado.
2. A reforestación insuficiente ou nula: esto resulta nun serio dano ao hábitat na perdida de biodiversidade e na aridez.
3. Nivel de dióxido de carbono: as árbores producen o osíxeno, se estas se talan ese osíxeno deixa de producirse, e aumenta o nivel de dióxido de carbono.
4. A erosión do solo nas zonas deforestadas: a erosión destas zonas normalmente degrada as terras facéndoas non produtivas.
2. Posibles consecuencias.
Nun largo plazo as consecuencias serían as seguintes:
- A perdida de biodiversidade: significa a destrución e a extinción de moitas especies de plantas e animais.
- A desertización: ao eliminarse os bosques o solo queda desnudo, exposto a condicións extremas, o que acaba convertindo ao solo nun deserto.
- Aumento do cambio climático: ao aumentar a tala de arboles e por ende reducirse os niveis de osíxeno, aumentando á súa vez os de dióxido de carbono, aumenta o efecto invernadeiro.
- Inundacións: a deforestación pode dar lugar a que a cunca dos ríos xa non sexa capaz de soster e regular o nivel da auga, provocando así inundacións.
- Desaparición das selvas tropicais: se a tala de arboles segue ao ritmo actual dentro de cen anos xa non habrá selvas tropicais.
- Terra non apta para a agricultura e a gandería: a erosión das terras deforestadas converte o solo en infértil ou pouco apto para actividades agrícolas e gandeíras.
3. Solucións á deforestación.
existen distintas solucións para acabar coa deforestación por exemplo:
- Aplicar unha reforestación de calidade, o que evitaria a perdida completa do hábitat, e conservaría a maior parte da biodiversidade
-Aplicar leis a escala internacional, como restrinxir a cantidade de madeira talada por país, en función das súas necesidades ou numero de habitantes
- A maior implantación de productos ecolóxicos e a reutilización de obxetos de madeira.
Un ano máis, convócase ao alumnado da ESO do Feal a participar no concurso de fotos da natureza, con un premio de 2 ENTRADAS DE CINE. As bases do concurso atópanse máis abaixo. Algunhas fotos presentadas o ano pasado son:
DATA LÍMITE: 31 DE
OUTUBRO. A partir desa data non se recollerán traballos.
PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a
todos os alumnos da ESO
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
·CARACTERÍSTICAS DAS
FOTOGRAFÍAS
oAs fotografías teñen que
representar algo relacionado coa natureza.
oDeben ser fotografías
feitas polo alumno/a que a presenta ao concurso, DE TAL FORMA QUE AO PINCHAR A
FOTO APAREZAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O DÍA QUE SE FIXO A FOTO
oPódense presentar 2
fotografías por concursante
oSe na fotografía aparece
unha persona recoñecible e allea ao instituto, requírese autorización para o
uso e difusión da foto.
·FORMA DE PRESENTACIÓN E
ENVÍO
oA fotografía enviarase a
un apartado aberto na aula virtual do Departamento de Bioloxía cubrindo unha
ficha cos datos seguintes:
§NOME DO AUTOR
§DATA E LUGAR NO QUE SE TOMOU A FOTO
§DISPOSITIVO EMPREGADO PARA FACER A FOTO
§TÍTULO DA FOTO
·XURADO
As fotos estarán expostas
no instituto durante a segunda semana de novembro, cun número asignado e de
forma anónima, de tal forma que os alumnos poderán votar a foto que máis lles
gusta en un sitio habilitado na aula virtual, onde tamén estarán expostas as
fotos.
1. Teoría celular A célula é a unidade estrutural, fisiolóxica e reprodutora dos seres vivos.
É unidade estrutural porque todos os seres vivos están formados por células.
É unidade fisiolóxica porque é a unidade máis pequeña que realiza as tres función vitais.
É unidade reprodutora porque toda célula procede doutra e dentro dela está a información xenética.
2. Niveis de organización dos seres vivos Os niveis de organización dos seres vivos divídense en dous principais grupos: abióticos e bióticos. Os niveis abióticos son os que compartimos con outros seres non vivos, mentres que os niveis bióticos son os que só se presentan nos seres vivos. Dentro dos niveis abióticos atopamos:
Niveis subatómicos: elementos de dentro dun átomo como o protón ou o neutrón.
Niveis atómicos: os átomos. Os que se presentan nos seres vivos chámanse bioelementos e son: carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, xofre, fósforo...
Niveis moleculares: as moléculas. As que se presentan nos seres vivos son chamadas biomoléculas. Hai seis grupos: glúcidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos, sales minerais e auga.
Niveis macromoleculares: son os orgánulos celulares (as estruturas que realizan as función da célula).
Os niveis bióticos son:
Células
Tecidos
Órganos
Sistemas (conxunto de órganos do mesmo tipo) e aparatos (conxunto de órganos de distinto tipo).
Individuos
Poboacións
Ecosistemas
Cada un dos elementos bióticos agrúpase con outros do mesmo tipo e función para formar a un elemento do seguinte grupo (exemplo: un conxunto de células do mesmo tipo é un tecido). 3. Biomoléculas As biomoléculas divídense en dous grupos principais: inorgánicas e orgánicas. Inorgánicas:
Auga
Sales minerais
Gases
Orgánicas: formadas por moléculas moi pequenas chamadas monómeros que se repiten dando lugar a un polímero. [Entre parénteses está indicado o monómero de cada biomolécula orgánica.]
Todas as células posúen: membrana plasmática, citoplasma, material xenético (ADN e ARN) e ribosomas.
4.2.Tipos de células
Hai dous tipos de células, as células procariotas e as células eucariotas. Existen unhas diferenzas notables entre elas.
PROCARIOTAS
O ADN atópase no citoplasma, polo que non ten
núcleo.
Non posúen orgánulos con membrana.
Só forman organismos unicelulares: as bacterias.
EUCARIOTAS
O ADN está dentro do núcleo.
Si posúen orgánulos con membrana.
Forman organismos unicelulares e pluricelulares (o
resto dos seres vivos): algas, fungos, animais, plantas e protozoos.
4.3. Células procariotas (exemplo: bacteria)
* Órgano ou estrutura facultativa: órgano ou estrutura que non aparece en todas as especies. Nas células procariotas son facultativos os plásmidos, as fimbrias e o flaxelo.
* Plásmido: pequena molécula de ADN circular que está nalgunhas bacterias (facultativo).
* Mesosoma: pregamento na membrana que realiza as funcións metabólicas.
Este venres 27 de xullo presenciaremos o maior eclipse lunar do século XXI. Será total, no que a Terra escurecerá á Lúa por completo ao interpoñerse entre ela e o Sol, e deixará ao satélite tinguido por completo de vermello. O eclipse comezará ás 19:14 horas (hora peninsular española) na fase de penumbra. Durará catro horas, nas que a fase culminante durará unha hora e corenta e tres minutos. A totalidade do eclipse será ás 21:30 horas e se prolongará ata as 23:13 horas aproximadamente. A Lúa recuperará a normalidade á 01:30 da madrugada. Para explicar o motivo de que a Lúa véxase vermella nestes casos, engado una imaxe que o explica.
*Gustaríame agradecer á miña irmá Lola a axuda que me prestou para escribir este artigo. : )
Un equipo de astrónomos estadounidenses dirixido por Scott Sheppard descubríu a doce novos satélites que orbitan ao redor de Xúpiter, o cal xa conta con 79 lúas coñecidas e se converte no planeta ao que máis satélites orbitan. Pois aínda que Mercurio e Venus non contan con lúas coñecidas, o resto do Sistema Solar está cheo delas. A Terra ten unha, Marte ten dúas, Xúpiter ten 79, Saturno ten 62, Urano ten 27, Neptuno ten 14 e Plutón ten cinco.
As novas doce lúas de Xúpiter descubríronse case por casualidade, xa que en realidade o que se estaba a buscar eran planetas nos límites do Sistema Solar, máis alá de Plutón. As primeiras observacións realizáronse desde o Observatorio Interamericano do Cerro Tololo, en Chile.
Os novos satélites miden menos de tres quilómetros cada un e son moi pouco luminosos. Dous deles avanzan na mesma dirección que a rotación de Xúpiter e son os máis interiores. Nove deles son exteriores e avanzan na dirección oposta á rotación do seu planeta. E o último, bautizado co nome de Valetudo (propio da mitoloxía romana), é considerado como o máis estraño de todos eles posto que avanza na dirección dos satélites interiores pero ao nivel das exteriores.
Todos os científicos coinciden en que esta situación rematará nunha colisión frontal que reducirá estes obxectos a polvo.
Aquí una imaxe das lúas. As órbitas azuis son as dúas lúas que avanzan na mesma dirección que a rotación de Xúpiter. As órbitas vermellas son as nove lúas que avanzan na dirección oposta á rotación do seu planeta. E a órbita verde é valetudo, xirando como as interiores pero no lugar das exteriores.
O 23 de xullo do ano 2012 unha onda constituída por radiación e vento solar desprendidos do Sol impactou contra a órbita terrestre. Quizáis non o souberas porque esta noticia non apareceu na maioría dos medios de comunicación; pois ben, dispóñome a contala. A considerada "a maior tormenta solar deste último siglo e medio" pasou pola zona da órbita terrestre onde o noso planeta estivera situado unha semana antes. Este fenómeno puido acabar coa vida de millóns de persoas e ter un coste económico moi grande debido aos moitos desperfectos que isto ocasionaría. Un deles, por exemplo, sería un apagón global e unha falta de comunicaións ( vía GPS e satélites). Déixovos o enlace da páxina da NASA que, aínda que está en inglés, contén información moi interesante sobre este feito. https://science.nasa.gov/science-news/science-at-nasa/2014/23jul_superstorm/
O ciclo da auga, tamén denominado ciclo hidrolóxico, é o un proceso moi importante para a modelaxe do terreo. Componse de seis procesos: evaporación, condensación, precipitación, escorrentía superficial, infiltración e chegada ao mar. 1. Evaporación: a auga evapórase da superficie terrestre e dos lagos, ríos, mares... grazas á enerxía solar. 2. Condensación: o vapor condénsase e fórmanse as nubes. A enerxía térmica acumulada no proceso de evaporación emítese posteriormente ao espazo. 3. Precipitación: as nubes producen a precipitación da auga en diversas formas (chuvia, sarabia, neve...) 4. Escorrentía superficial: a auga precipitada desde as nubes acumúlase nos glaciares, nos lagos, nos ríos... 5. Infiltración: a auga acumúlase tamén baixo terra, en forma de augas subterráneas que no seguinte paso do proceso tamén chegarán ao mar e aos océanos. 6. Chegada ao mar: a auga dos pasos anteriores discorre cara ao mar formando cursos de auga; a partir de aquí, o proceso enteiro repítese se novo. O ciclo hidrolóxico non sería posible sen a enerxía solar, que é necesaria xa no primeiro paso. Ao producir precipitacións de auga e neve nos relevos, o ciclo mantén en funcionamento axentes xeolóxicos como os ríos, os glaciares e as augas subterráneas. Dótaos de enerxía para fluír e tamén para facer a modelaxe do relevo.