Hai unha década que un paciente coñecido como "paciente de Berlín" someteuse a un transplante aloxénico de células nai da médula para tratar unha leucemia mieloide aguda. Este caso fixo que o VIH deste paciente remitira a longo plazo.
Agora, un segundo individuo enrexistrado presentou remisión desta misma enfermidade. O paciente estivo así durante 18 meses, aínda que os médicos din que este feito non constitúe unha "cura" como tal. Deste modo preséntanse moitas esperanzas para chegar, finalmente, á fin do VIH.
Aquí o enlace de National Geographic falando do asunto:
https://www-nationalgeographic-com-es.cdn.ampproject.org/v/s/www.nationalgeographic.com.es/ciencia/lograda-remision-vih-1-por-segunda-vez-historia_13957/amp?amp_js_v=a2&_gsa=1&usqp=mq331AQCCAE%3D#referrer=https%3A%2F%2Fwww.google.com&_tf=De%20%251%24s
Noa
Aprendiendo con/ciencia pretende ser un blogue que nos axude na aprendizaxe da ciencia. Creado por unha profesora de Bioloxía que aprende moito con e dos seus alumnos. Xestionado por alumnos con inquedanzas científicas e tecnolóxicas.
mércores, 6 de marzo de 2019
sábado, 19 de xaneiro de 2019
Calendario do ceo 2019
Este 2019 ven cheo de fenómenos astronómicos, ademáis de ser o cincuenta aniversario da chegada do home á Lúa. Déixovos un calendario realizado polo astrofísico Borja Tosar e publicado no suplemento "YES" do xornal La Voz de Galicia.
Xaneiro:
- O día 21 teremos un eclipse lunar, que se produce cando o noso satélite pasa pola sombra que proxecta a Terra. A fase total será ás 05:41 horas, aínda que o proceso será visible na súa totalidade desde Galicia.
Febreiro:
- Neste mes poderemos ver unha superlúa un 30% máis brillante e un 14% máis grande o día 19. Para que isto ocorra, o satélite debe estar na súa fase chea e atoparse preto da Terra.
Marzo:
- O día 4 a Lúa alinearase cos planetas Xúpiter, Saturno e Venus. Será visible no amencer.
Abril:
- Neste mes veremos como "bailan" o planeta Venus e o noso satélite durante a noite do día dous, fenómeno coñecido como conxunción.
Maio:
- O fenómeno máis destacado deste mes será a choiva de estrelas chamadas Eta-Acuáridas que proceden do cometa Halley. Poderán chegar a verse ata 40 meteoros por hora, entre os días 6 e 7.
- O día 18 veremos a segunda lúa chea do mes coñecida como lúa azul, dado que haberá unha anterior nos primeiros días.
Xuño:
- O día 10 deste mes a Terra situarase entre o Sol e Xúpiter, polo que será unha das mellores ocasións para observalo.
Xullo:
- O día dous haberá un eclipse de Sol, mais só poderá verse desde o Pacífico Sur.
- O día 16 teremos outro eclipse de lúa como o de xaneiro, pero en Galicia só será visto de forma parcial.
Agosto:
- Neste mes observaremos unha conxunción como a de abril, pero nesta ocasión será de Xúpiter, o día 10.
- Ademáis, teremos ás coñecidas Perseidas entre os días 12 e 13. Haberá uns dous meteoros por minuto.
Setembro:
- O día 10 será a oposición de Neptuno, polo que será observable coa axuda duns prismáticos ou dun telescopio.
Outubro:
- A elongación é o momento no que Mercurio alcanza a súa máxima separación do Sol. Verase no ceo galego xusto despois do amencer o día 20.
Novembro:
- O día 11 será visible desde Galicia o comezo dun eclipse producido polo paso de Mercurio diante do Sol.
- Entre os días 17 e 18 poderemos observar ás Leónidas, procedentes da nube de polvo xerada polo cometa Tempel-Tuttle. Agárdanse quince meteoros por hora.
Decembro:
- Neste último mes teremos a última choiva de estrelas do ano, as Xemínidas. Veranse ata 110 por hora entre os días 13 e 14.
- O día 26 haberá un eclipse Sol, pero non será visible desde Galicia.
Noa
mércores, 21 de novembro de 2018
Viaxe ao funcionamento do cerebro
O pasado martes 20 de novembro os alumnos de 4ºESO deprazámonos ao Pazo da Cultura para asistir a unha charla divulgativa do biólogo e experto en neurofisioloxía Xurxo Mariño. A charla dividíase en dúas partes: como funciona o cerebro e como se pode musicalizar ese funcionamento.
Na primeira parte repasamos as partes do encéfalo e os seus usos, a razón de ter sistema nervioso mentres que outros seres vivos non o teñen (precisamos movemento para realizar as nosas funcións vitais) e os estímulos que recibimos do exterior e a súa interpretación por parte do cerebro.
Na segunda parte descubrimos un proxecto do equipo de Xurxo que consiste en escoitar o ruido que fan as neuronas. Para conseguir isto, precísase un aparello similar a unha agulla que se introduce no líquido no que se atopan as neuronas. Se o situamos no corpo dunha neurona escoitaremos o sonido desa soa célula, mentres que se o colocamos no líquido entre varias neuronas escoitaremos o sonido de todas elas.
O son producido por unha é constante ata que se produce a sinapse, na que se orixina un pico (correspondente a un pico na gráfica adxunta). Tamén poden observarse estos picos cando percibimos un novo estímulo. Varias neuronas producen moito ruido xa que teñen distintos momentos de sinapse ou se corresponden a distintos estímulos.
Na charla tamén se mencionaron enfermidades neurodexenerativas (como o Párkinson ou o Alzhéimer) e un dato moi curioso: temos 86 000 millóns de neuronas, e cada segundo morre unha; pero temos tantas que ao chegar á vellez só perdemos un 4% do total.
A charla foi moi amena e aprendimos moitísimas cousas novas que despertaron o noso interés.
Noa Filgueira Piñeiro
domingo, 4 de novembro de 2018
Tres homes con lesións medulares volven camiñar
Un equipo do Instituto de Tecnoloxía Suízo de Lausanne traballou con tres homes que sofrían lesións medulares totais ou parciais desde hai catro anos nas extremidades inferiores para que puidesen volver a camiñar.
Este equipo implantoulles un estimulador no abdome que se conectaba a un campo de electrodos situado na rexión lumbar (onde se atopan as células que controlan os músculos das pernas); e fixeron un mapa individual para saber como e onde aplicar estes estímulos. Os pacientes comezaron camiñando nunha cinta de correr, para logo camiñar sobre o solo. Tras o longo proceso de rehabilitación, camiñaban coa axuda parcial dun andador e con estimulación epidural eléctrica, mais ao final do proceso conseguiron facelo sen este último mecanismo.
Esta é unha noticia que nos permite comprobar como a ciencia avanza cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de enfermidade ou doenza.
Aquí o enlace para ver estes avances:
Camiñar tras unha lesión medular
Este equipo implantoulles un estimulador no abdome que se conectaba a un campo de electrodos situado na rexión lumbar (onde se atopan as células que controlan os músculos das pernas); e fixeron un mapa individual para saber como e onde aplicar estes estímulos. Os pacientes comezaron camiñando nunha cinta de correr, para logo camiñar sobre o solo. Tras o longo proceso de rehabilitación, camiñaban coa axuda parcial dun andador e con estimulación epidural eléctrica, mais ao final do proceso conseguiron facelo sen este último mecanismo.
Esta é unha noticia que nos permite comprobar como a ciencia avanza cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de enfermidade ou doenza.
Aquí o enlace para ver estes avances:
Camiñar tras unha lesión medular
mércores, 24 de outubro de 2018
A MIGRACIÓN DOS ANIMAIS
A migración é un
fenómeno polo cal os animais se trasladan periodicamente dunha rexión a outra,
xeralmente de maneira cíclica e previsible, obedecendo a imperativos
biolóxicos.
Algúns animais que
migran pola necesidade de buscar comida son os ñus, da sabana africana, os
renos da tundra en rexións boreais...
A migracion mais coñecida é a das aves, que en verano crían en latitudes altas, cando alí abunda o alimento, e no inverno transládanse as latitudes baixas.
Os animais migran principalmente debido a tres motivos:
• Atopar alimento.
• Reproducirse.
• Atopar un clima
benigno.
TIPOS DE MIGRACIÓN
• Migración estacional:
Coinciden
cos cambios estacionais.
• Migración
latitudinal: Manifiéstase
no movemento de norte a sur.
• Migración
altitudinal: Ocurre
cando os animais migran en altitude.
• Migración
reproductiva: As
especies viajan cara lugares onde as súas crías teñan mais posibilidades de
sobrevivir.
• Migración nómada: A manifiestan
animiais que nos viaxan de un lugar a outro. É característico dos herbívoros
que migran en manadas
• Migración definitiva:
Os
animais non regresan ao seu lugar de orixe. Ocurre cando o habitat rómpese e
non llega a recuperarse
A migracion mais coñecida é a das aves, que en verano crían en latitudes altas, cando alí abunda o alimento, e no inverno transládanse as latitudes baixas.
Pero tamén outras especies migran, como a bolboreta Danaus
plexippus.
Millóns de bolboretas monarca viaxan aos seus territorios de invernada nos
bosques de abetos cada vez máis pequenos de México. Aproveitando os ventos que
brotan desde o sur de Canadá e norte de Estados Unidos, percorren miles de
quilómetros, guiadas pola posición do sol
Ou
réptiles coma as serpes, moitas especies de serpes despois da hibernacón seguen
as mesmas rutas olorosas ano tras ano, independentemente dos obstáculos.
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/fotografias-animales-durante-migracion_3404/7#slide-6
HUGO GUIZÁN 1º A
HUGO GUIZÁN 1º A
mércores, 17 de outubro de 2018
Por que os elefantes practicamente nunca morren de cancro?
Foi no ano 1975 cando o epidemiólogo Richard Peto desenvolveu a súa teoría de que canto máis grande era un animal, menos casos de cancro había na súa especie. É dicir, que cantas máis células hai nun individuo, menor número delas dan lugar a tumores malignos.
Nos nosos días este estudo está a ser continuado pola Universidade de Chicago e pola Universidade de Utah, que elexiron ao elefante como obxecto do seu estudo. Este animal ten 100 veces máis células que os seres humanos e case nunca falece de cancro. Por que?
O dato obtido foi o descubrimento dun xen especial chamado P53, do que o elefante ten 20 copias (os humanos, só 1) que repara o dano celular e elimina as células que poden dar lugar a un tumor maligno, o que o converte nun xen supresor tumoral.
Ademáis, este xen activa á súa vez un pseudoxen inhibidor da leucemia, chamado LIF6, do que o elefante ten entre 7 e 11 copias adicionales.
Todos estes estudos axúdanos a comprender mellor a alta esperanza de vida dos elefantes.
Nos nosos días este estudo está a ser continuado pola Universidade de Chicago e pola Universidade de Utah, que elexiron ao elefante como obxecto do seu estudo. Este animal ten 100 veces máis células que os seres humanos e case nunca falece de cancro. Por que?
O dato obtido foi o descubrimento dun xen especial chamado P53, do que o elefante ten 20 copias (os humanos, só 1) que repara o dano celular e elimina as células que poden dar lugar a un tumor maligno, o que o converte nun xen supresor tumoral.
Ademáis, este xen activa á súa vez un pseudoxen inhibidor da leucemia, chamado LIF6, do que o elefante ten entre 7 e 11 copias adicionales.
Todos estes estudos axúdanos a comprender mellor a alta esperanza de vida dos elefantes.
Noa
sábado, 13 de outubro de 2018
Adaptación dos camelos aos medios secos
Existe a crenza popular de
que a xiba dos camelos esta rechea de auga. Pero isto é mentira. Esta repleta
de graxa. Nunha xiba pode almacenar hasta 36 quilos de graxa. O camelo é capaz
de metabolizar esta graxa para producir auga, alimento e enerxía.
O hidróxeno da graxa do camelo
mestúrase co osíxeno producindo así auga. Con medio quilo de graxa, o camelo
consigue medio litro de auga. O camelo empeza a perder peso ao realizar este
proceso. De feito, a xiba empeza a diminuír de tamaño e incluso pode chegar a
deslizarse a un costado. En canto o camelo volve a alimentarse, a súa xiba
volve a colocarse en posición vertical.
A capacidade de
alimentarse do camelo é outro dos secretos para a súa supervivencia no deserto.
En tan só uns 15 minutos, un camelo pode beber cerca de 140 litros de auga.
Desde ese momento, comezará a producir graxa de novo.
A pelaxe tamén inflúe. O camelo
ten o pelo curto e uniforme repartido por todo o seu corpo. Con el evita que os
raios do sol lle afecten de maneira directa. Pero ademais, cando a temperatura
ambiental é superior á do seu corpo, a pelaxe non só non lle da calor, se non
que axúdalle a reducilo.
Nora Luaces Mesías, Naiara
Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1ºB
Adaptación dos raposos ao frío
O raposo ártico é un
animal incribelmente forte, capaz de sobrevivir ás frías temperaturas do
Ártico, que poden alcanzar os -50º, nas zonas desarboradas nas que habita.
Ten
as plantas dos pés peludas, orellas curtas e un fociño chato, todas elas adaptacións
importantes para vivir nun clima frío.
Os raposos árticos viven en covas ou
guaridas, e evitan o azote das fortes nevadas refuxiándose nos túneles que
cavan na neve.
Mudan
estacionalmente o seu pelaxe adaptándoo ás necesidades de cada época. Deste
modo, en verán a capa de pelo é fina e escura para facilitar a absorción de
calor solar mentres que en inverno volvese moi espesa e branca brindando
protección contra o frío e mimetismo.
Outras das súas adaptacións
contra o frío é a súa pel profunda e grosa, un sistema de intercambio de calor a
contracorrente na circulación das patas para conservar a temperatura central e
una boa cantidade de graxa corporal.
Nora Luaces Mesías, Naiara
Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1º ESO B
martes, 9 de outubro de 2018
CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA
CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA
Vai dirixido para os alumnos da ESO do CPI do Feal que sinten que levan un reporteiro dentro e ademáis lles gusta a Ciencia.
O concurso consiste en recompilar novas
científicas, resumilas e subilas ao blogue. Acompañando este resumo, deben
aparecer as seguintes partes:
1)
Título para a
nova
2)
Nome e curso do
alumno e materia na que se fixo o traballo
3)
Medios de
comunicación dos que se recolle a noticia (xornal, xornal científico ou sitio
web)
O concurso será trimestral, de xeito que en cada avaliación escollerase a mellor nova.
ANÍMATE e
participa (para facelo, tes que falar antes con María Varela para que te
habilite como colaborador/a)
Ollos biónicos, unha posible realidade?
Estamos nunha era na que se están a facer moitas investigacións relacionadas coa creación de partes do corpo biónicas (artificiais) para tratar enfermidades. Seguindo outros estudos anteriores, Michael McAlpine (profesor asociado de Enxeñería Mecánica na Universidade de Minnesota) dirixiu un estudo que tiña como obxectivo instalar fotorreceptores nunha superficie curva que simulase un ollo humano. McAlpine traballou co seu equipo, coñecido por crear dispositivos electrónicos, elementos biolóxicos e impresións en 3D como a orella biónica ou a tela sintética que funciona como pel biónica.
Este estudo compúxose de tres pasos. o primeiro foi crear unha cúpula hemisférica de cristal que mostrase o xeito de imprimir dispositivos electrónicos nunha superficie curva. Para poder facer esta impresión precisaron dunha tinta de partículas de prata. Para asombro de todos, esta tinta secouse homoxeneamente (sen desprazarse pola superficie curva e sen deixar grumos) en forma de base na que logo os investigadores colocarían os semiconductores que converten a luz en electricidade chamados fotodiodos. Este sistema fotorreceptor capta a luz e a converte en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro.
O proceso durou unha hora e o sistema realizouse cun material brando que pode chegar a ser implantado nun ollo real.
O equipo de McAlpine pretende crear un próximo prototipo con máis detectores de luz que sexa máis eficiente.
Anteriormente un equipo da Universidade de Newcastle mezclou células nai da córnea dun donante sá cunha solución de alxinato e coláxeno que funcionaba como unha biotinta. Este proceso durou dez minutos e deu como resultado un texido que pode funcionar como unha córnea. Ademáis, este texido pode crearse coas medidas de forma e tamaño da córnea dun paciente, o que daría unha córnea artificial coas dimensións dunha córnea real.
Podemos dicir que estamos moi preto de curar enfermidades como a ceguera grazas a investigacións como estas.
Aquí están os vídeos nos que as universidades mostran os seus avances e os procesos de creación.
Primeira córnea biónica da Universidade de Newcastle
Noa
domingo, 7 de outubro de 2018
A deforestación as súas causas e as súas posibles consecuencias
A DEFORESTACIÓN
A deforestación é un proceso no que se destrúe a superficie forestal, directa ou indirectamente pola acción do ser humano
1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza2. Posibles consecuenicias3. Solucións á deforestación
1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza.
As principais causas da deforestación son:
-Para a construcción de viviendas, esta vese agravada pola superpoboación .
-Para crear artículos comerciais, como papel, mobles e casas.
-Para crear ingredientes para articulos de consumo, como aceite de palma.
-Para crear espacio agrícola e gandeiro.
-Incendios forestales.
Na actualidade a deforestación causa un grandísimo impacto na natureza de diversas maneiras:
1. Danando a calidade dos solos, ao arrasar de forma masiva os bosques o solo queda duramente danado.
2. A reforestación insuficiente ou nula: esto resulta nun serio dano ao hábitat na perdida de biodiversidade e na aridez.
3. Nivel de dióxido de carbono: as árbores producen o osíxeno, se estas se talan ese osíxeno deixa de producirse, e aumenta o nivel de dióxido de carbono.
4. A erosión do solo nas zonas deforestadas: a erosión destas zonas normalmente degrada as terras facéndoas non produtivas.
2. Posibles consecuencias.
Nun largo plazo as consecuencias serían as seguintes:
- A perdida de biodiversidade: significa a destrución e a extinción de moitas especies de plantas e animais.
- A desertización: ao eliminarse os bosques o solo queda desnudo, exposto a condicións extremas, o que acaba convertindo ao solo nun deserto.
- Aumento do cambio climático: ao aumentar a tala de arboles e por ende reducirse os niveis de osíxeno, aumentando á súa vez os de dióxido de carbono, aumenta o efecto invernadeiro.
- Inundacións: a deforestación pode dar lugar a que a cunca dos ríos xa non sexa capaz de soster e regular o nivel da auga, provocando así inundacións.
- Desaparición das selvas tropicais: se a tala de arboles segue ao ritmo actual dentro de cen anos xa non habrá selvas tropicais.
- Terra non apta para a agricultura e a gandería: a erosión das terras deforestadas converte o solo en infértil ou pouco apto para actividades agrícolas e gandeíras.
3. Solucións á deforestación.
existen distintas solucións para acabar coa deforestación por exemplo:
- Aplicar unha reforestación de calidade, o que evitaria a perdida completa do hábitat, e conservaría a maior parte da biodiversidade
-Aplicar leis a escala internacional, como restrinxir a cantidade de madeira talada por país, en función das súas necesidades ou numero de habitantes
- A maior implantación de productos ecolóxicos e a reutilización de obxetos de madeira.
4. Vídeos relacionados.
martes, 2 de outubro de 2018
CONCURSO "FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA" NO FEAL
CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA” CURSO 18/19
Un ano máis, convócase ao alumnado da ESO do Feal a participar no concurso de fotos da natureza, con un premio de 2 ENTRADAS DE CINE. As bases do concurso atópanse máis abaixo. Algunhas fotos presentadas o ano pasado son:
![]() |
| "ACANTILADOS" |
| "CANÓNS DO RÍO SIL" |
![]() |
| "O BOSQUE" |
E A FOTO GAÑADORA FOI:
| NA PRAIA DE DONIÑOS |
BASES
DO CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA”
OBXECTO DO CONCURSO
Fotografías da natureza:
paisaxes, seres vivos, fenómenos naturais (atmosféricos, xeolóxicos,
biolóxicos, …) formacións xeolóxicas, procesos biolóxicos, …
PRAZO DE PRESENTACIÓN
DATA LÍMITE: 31 DE
OUTUBRO. A partir desa data non se recollerán traballos.
PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a
todos os alumnos da ESO
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
·
CARACTERÍSTICAS DAS
FOTOGRAFÍAS
o
As fotografías teñen que
representar algo relacionado coa natureza.
o
Deben ser fotografías
feitas polo alumno/a que a presenta ao concurso, DE TAL FORMA QUE AO PINCHAR A
FOTO APAREZAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O DÍA QUE SE FIXO A FOTO
o
Pódense presentar 2
fotografías por concursante
o
Se na fotografía aparece
unha persona recoñecible e allea ao instituto, requírese autorización para o
uso e difusión da foto.
·
FORMA DE PRESENTACIÓN E
ENVÍO
o
A fotografía enviarase a
un apartado aberto na aula virtual do Departamento de Bioloxía cubrindo unha
ficha cos datos seguintes:
§ NOME DO AUTOR
§ DATA E LUGAR NO QUE SE TOMOU A FOTO
§ DISPOSITIVO EMPREGADO PARA FACER A FOTO
§ TÍTULO DA FOTO
·
XURADO
As fotos estarán expostas
no instituto durante a segunda semana de novembro, cun número asignado e de
forma anónima, de tal forma que os alumnos poderán votar a foto que máis lles
gusta en un sitio habilitado na aula virtual, onde tamén estarán expostas as
fotos.
PREMIO:
2
ENTRADAS DE CINE
ORGANIZA
: DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
venres, 21 de setembro de 2018
TEMA 6 : Teoría celular, niveis de organización dos seres vivos e tipos de células
1. Teoría celular
A célula é a unidade estrutural, fisiolóxica e reprodutora dos seres vivos.
- É unidade estrutural porque todos os seres vivos están formados por células.
- É unidade fisiolóxica porque é a unidade máis pequeña que realiza as tres función vitais.
- É unidade reprodutora porque toda célula procede doutra e dentro dela está a información xenética.
Os niveis de organización dos seres vivos divídense en dous principais grupos: abióticos e bióticos. Os niveis abióticos son os que compartimos con outros seres non vivos, mentres que os niveis bióticos son os que só se presentan nos seres vivos.
Dentro dos niveis abióticos atopamos:
- Niveis subatómicos: elementos de dentro dun átomo como o protón ou o neutrón.
- Niveis atómicos: os átomos. Os que se presentan nos seres vivos chámanse bioelementos e son: carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, xofre, fósforo...
- Niveis moleculares: as moléculas. As que se presentan nos seres vivos son chamadas biomoléculas. Hai seis grupos: glúcidos, lípidos, proteínas, ácidos nucleicos, sales minerais e auga.
- Niveis macromoleculares: son os orgánulos celulares (as estruturas que realizan as función da célula).
Os niveis bióticos son:
- Células
- Tecidos
- Órganos
- Sistemas (conxunto de órganos do mesmo tipo) e aparatos (conxunto de órganos de distinto tipo).
- Individuos
- Poboacións
- Ecosistemas
3. Biomoléculas
As biomoléculas divídense en dous grupos principais: inorgánicas e orgánicas.
Inorgánicas:
- Auga
- Sales minerais
- Gases
Orgánicas: formadas por moléculas moi pequenas chamadas monómeros que se repiten dando lugar a un polímero. [Entre parénteses está indicado o monómero de cada biomolécula orgánica.]
- Glícidos (monosacáridos: glucosa, ribosa, galactosa, fructosa)
- Lípidos (ácidos graxos)
- Proteínas (aminoácidos)
- Ácidos nucleicos (nucleótidos)
- Vitaminas (lípidos ou proteínas)
4. Tipos de células
4.1. Estruturas comúns a tóda-las células
Todas as células posúen: membrana plasmática, citoplasma, material xenético (ADN e ARN) e ribosomas.
4.2.Tipos de células
Hai dous tipos de células, as células procariotas e as células eucariotas. Existen unhas diferenzas notables entre elas.
PROCARIOTAS
|
O ADN atópase no citoplasma, polo que non ten
núcleo.
|
Non posúen orgánulos con membrana.
|
Só forman organismos unicelulares: as bacterias.
|
EUCARIOTAS
|
O ADN está dentro do núcleo.
|
Si posúen orgánulos con membrana.
|
Forman organismos unicelulares e pluricelulares (o
resto dos seres vivos): algas, fungos, animais, plantas e protozoos.
|
4.3. Células procariotas (exemplo: bacteria)
* Órgano ou estrutura facultativa: órgano ou estrutura que non aparece en todas as especies. Nas células procariotas son facultativos os plásmidos, as fimbrias e o flaxelo.
* Plásmido: pequena molécula de ADN circular que está nalgunhas bacterias (facultativo).
* Mesosoma: pregamento na membrana que realiza as funcións metabólicas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











