mércores, 10 de abril de 2019

Fotografía histórica dun burato negro

Déixovos por aquí a primeira imaxe dun burato negro, tomada por un equipo de máis de 200 investigadores. Esta fotografía proba a existencia deste tipo de fenómenos, expresados xa na teoría da relatividade xeral, que consisten nunha estrela colapsada con moita densidade á que nin sequera a luz do Sol pode chegar.
Para máis información sobre como foi tomada, aquí vos deixo tamén o enlace á entrada de National Geographic onde se explica este proceso e se pode ver un vídeo do burato en movemento



Noa


Plástico nos mares

Hai uns días na costa noroeste de Cerdeña foi atopado un cachalote femia morto con 22 kilos de plástico no seu estómago. Segundo os expertos, a causa da morte tería sido a inxesta desa gran cantidade de residuos na que se incluían bolsas, pratos, vasos, redes de pesca e un bote de deterxente en perfecto estado (podían lerse tanto o código de barrras como a etiqueta).
Este caso non é un caso aislado, pois moitos animais morren ou se quedan atrapados cada día debido á basura que tiramos aos mares e océanos. É necesario implantar unas leis estrictas que castiguen este tipo de actividades que poñen en risco tanto a nosa saúde como a dos animais.

Noa

mércores, 20 de marzo de 2019


CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN
    A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación
 e Formación Profesional convocan unha nova edición dos Campus Científicos de
Verán. 
    Se cursas 4º da ESO o 1º de Bacherelato poderás traballar como investigador.
 Ademáis, poderás disfrutar dun completo programa de actividades científico-culturais
  e de ocio.
   Como novidade, nesta  edición 20 estudantes de 4º de ESO poderán realizar
unha estancia no Programa High-School Students Internship do European
Organization for Nuclear Research (CERN) en Ginebra, Suiza.
O prazo de presentación de solicitudes comenza o 19 de marzo de 2019 e
 finaliza ás 13:00 horas (hora peninsular) do día 1 de abril de 2019.
  • 1.560 plazas
  • Estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacherelato
  • 52 proxectos de acercamento científico
  • 13 Campus de Excelencia
  • 4 turnos de participación entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2019 

          Para      máis información, vai a esta dirección:
              
                                http://www.campuscientificos.es/






    mércores, 6 de marzo de 2019

    Posible cura do VIH

    Hai unha década que un paciente coñecido como "paciente de Berlín" someteuse a un transplante aloxénico de células nai da médula para tratar unha leucemia mieloide aguda. Este caso fixo que o VIH deste paciente remitira a longo plazo.
    Agora, un segundo individuo enrexistrado presentou remisión desta misma enfermidade. O paciente estivo así durante 18 meses, aínda que os médicos din que este feito non constitúe unha "cura" como tal. Deste modo preséntanse moitas esperanzas para chegar, finalmente, á fin do VIH.
    Aquí o enlace de National Geographic falando do asunto:

    https://www-nationalgeographic-com-es.cdn.ampproject.org/v/s/www.nationalgeographic.com.es/ciencia/lograda-remision-vih-1-por-segunda-vez-historia_13957/amp?amp_js_v=a2&amp_gsa=1&usqp=mq331AQCCAE%3D#referrer=https%3A%2F%2Fwww.google.com&amp_tf=De%20%251%24s

    Noa

    sábado, 19 de xaneiro de 2019

    Calendario do ceo 2019

    Este 2019 ven cheo de fenómenos astronómicos, ademáis de ser o cincuenta aniversario da chegada do home á Lúa. Déixovos un calendario realizado polo astrofísico Borja Tosar e publicado no suplemento "YES" do xornal La Voz de Galicia.

    Xaneiro:
    • O día 21 teremos un eclipse lunar, que se produce cando o noso satélite pasa pola sombra que proxecta a Terra. A fase total será ás 05:41 horas, aínda que o proceso será visible na súa totalidade desde Galicia.

    Febreiro:
    • Neste mes poderemos ver unha superlúa un 30% máis brillante e un 14% máis grande o día 19. Para que isto ocorra, o satélite debe estar na súa fase chea e atoparse preto da Terra.

    Marzo:
    • O día 4 a Lúa alinearase cos planetas Xúpiter, Saturno e Venus. Será visible no amencer.

    Abril:
    • Neste mes veremos como "bailan" o planeta Venus e o noso satélite durante a noite do día dous, fenómeno coñecido como conxunción.

    Maio:
    • O fenómeno máis destacado deste mes será a choiva de estrelas chamadas Eta-Acuáridas que proceden do cometa Halley. Poderán chegar a verse ata 40 meteoros por hora, entre os días 6 e 7.

    • O día 18 veremos a segunda lúa chea do mes coñecida como lúa azul, dado que haberá unha anterior nos primeiros días.

    Xuño:
    • O día 10 deste mes a Terra situarase entre o Sol e Xúpiter, polo que será unha das mellores ocasións para observalo.

    Xullo:
    • O día dous haberá un eclipse de Sol, mais só poderá verse desde o Pacífico Sur.

    • O día 16 teremos outro eclipse de lúa como o de xaneiro, pero en Galicia só será visto de forma parcial.

    Agosto:
    • Neste mes observaremos unha conxunción como a de abril, pero nesta ocasión será de Xúpiter, o día 10.

    • Ademáis, teremos ás coñecidas Perseidas entre os días 12 e 13. Haberá uns dous meteoros por minuto.

    Setembro:
    • O día 10 será a oposición de Neptuno, polo que será observable coa axuda duns prismáticos ou dun telescopio.

    Outubro:
    • A elongación é o momento no que Mercurio alcanza a súa máxima separación do Sol. Verase no ceo galego xusto despois do amencer o día 20.

    Novembro:
    • O día 11 será visible desde Galicia o comezo dun eclipse producido polo paso de Mercurio diante do Sol.

    • Entre os días 17 e 18 poderemos observar ás Leónidas, procedentes da nube de polvo xerada polo cometa Tempel-Tuttle. Agárdanse quince meteoros por hora.

    Decembro:
    • Neste último mes teremos a última choiva de estrelas do ano, as Xemínidas. Veranse ata 110 por hora entre os días 13 e 14.

    • O día 26 haberá un eclipse Sol, pero non será visible desde Galicia.

    Noa 

    mércores, 21 de novembro de 2018

    Viaxe ao funcionamento do cerebro

    O pasado martes 20 de novembro os alumnos de 4ºESO deprazámonos ao Pazo da Cultura para asistir a unha charla divulgativa do biólogo e experto en neurofisioloxía Xurxo Mariño. A charla dividíase en dúas partes: como funciona o cerebro e como se pode musicalizar ese funcionamento.
    Na primeira parte repasamos as partes do encéfalo e os seus usos, a razón de ter sistema nervioso mentres que outros seres vivos non o teñen (precisamos movemento para realizar as nosas funcións vitais) e os estímulos que recibimos do exterior e a súa interpretación por parte do cerebro.
    Na segunda parte descubrimos un proxecto do equipo de Xurxo que consiste en escoitar o ruido que fan as neuronas. Para conseguir isto, precísase un aparello similar a unha agulla que se introduce no líquido no que se atopan as neuronas. Se o situamos no corpo dunha neurona escoitaremos o sonido desa soa célula, mentres que se o colocamos no líquido entre varias neuronas escoitaremos o sonido de todas elas.
    O son producido por unha é constante ata que se produce a sinapse, na que se orixina un pico (correspondente a un pico na gráfica adxunta). Tamén poden observarse estos picos cando percibimos un novo estímulo. Varias neuronas producen moito ruido xa que teñen distintos momentos de sinapse ou se corresponden a distintos estímulos.
    Na charla tamén se mencionaron enfermidades neurodexenerativas (como o Párkinson ou o Alzhéimer) e un dato moi curioso: temos 86 000 millóns de neuronas, e cada segundo morre unha; pero temos tantas que ao chegar á vellez só perdemos un 4% do total.
    A charla foi moi amena e aprendimos moitísimas cousas novas que despertaron o noso interés.

    Noa Filgueira Piñeiro

    domingo, 4 de novembro de 2018

    Tres homes con lesións medulares volven camiñar

    Un equipo do Instituto de Tecnoloxía Suízo de Lausanne traballou con tres homes que sofrían lesións medulares totais ou parciais desde hai catro anos nas extremidades inferiores para que puidesen volver a camiñar.
    Este equipo implantoulles un estimulador no abdome que se conectaba a un campo de electrodos situado na rexión lumbar (onde se atopan as células que controlan os músculos das pernas); e fixeron un mapa individual para saber como e onde aplicar estes estímulos. Os pacientes comezaron camiñando nunha cinta de correr, para logo camiñar sobre o solo. Tras o longo proceso de rehabilitación, camiñaban coa axuda parcial dun andador e con estimulación epidural eléctrica, mais ao final do proceso conseguiron facelo sen este último mecanismo.
    Esta é unha noticia que nos permite comprobar como a ciencia avanza cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de enfermidade ou doenza.
    Aquí o enlace para ver estes avances:
    Camiñar tras unha lesión medular

    mércores, 24 de outubro de 2018

    A MIGRACIÓN DOS ANIMAIS

    A migración é un fenómeno polo cal os animais se trasladan periodicamente dunha rexión a outra, xeralmente de maneira cíclica e previsible, obedecendo a imperativos biolóxicos.
    Os animais  migran principalmente debido a tres motivos:
    •  Atopar alimento.
    •  Reproducirse.
    •  Atopar un clima benigno.
    TIPOS DE MIGRACIÓN
    •  Migración estacional: Coinciden cos cambios estacionais.
    •  Migración latitudinal: Manifiéstase no movemento de norte a sur.
    •  Migración altitudinal: Ocurre cando os animais migran en altitude.
    •  Migración reproductiva: As especies viajan cara lugares onde as súas crías teñan mais posibilidades de sobrevivir.
    •  Migración nómada: A manifiestan animiais que nos viaxan de un lugar a outro. É característico dos herbívoros que migran en manadas
    •  Migración definitiva: Os animais non regresan ao seu lugar de orixe. Ocurre cando o habitat rómpese e non llega a recuperarse


    Algúns animais que migran pola necesidade de buscar comida son os ñus, da sabana africana, os renos da tundra en rexións boreais...


     A migracion mais coñecida é a das aves, que en verano crían en latitudes altas, cando alí abunda o alimento, e no inverno transládanse as latitudes baixas.



      
    Pero tamén outras especies migran, como a bolboreta Danaus plexippus.
    Millóns de bolboretas monarca viaxan aos seus territorios de invernada nos bosques de abetos cada vez máis pequenos de México. Aproveitando os ventos que brotan desde o sur de Canadá e norte de Estados Unidos, percorren miles de quilómetros, guiadas pola posición do sol



    Ou réptiles coma as serpes, moitas especies de serpes despois da hibernacón seguen as mesmas rutas olorosas ano tras ano, independentemente dos obstáculos.
    https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/fotografias-animales-durante-migracion_3404/7#slide-6
    HUGO GUIZÁN 1º A

    mércores, 17 de outubro de 2018

    Por que os elefantes practicamente nunca morren de cancro?

    Foi no ano 1975 cando o epidemiólogo Richard Peto desenvolveu a súa teoría de que canto máis grande era un animal, menos casos de cancro había na súa especie. É dicir, que cantas máis células hai nun individuo, menor número delas dan lugar a tumores malignos.

    Nos nosos días este estudo está a ser continuado pola Universidade de Chicago e pola Universidade de Utah, que elexiron ao elefante como obxecto do seu estudo. Este animal ten 100 veces máis células que os seres humanos e case nunca falece de cancro. Por que?

    O dato obtido foi o descubrimento dun xen especial chamado P53, do que o elefante ten 20 copias (os humanos, só 1) que repara o dano celular e elimina as células que poden dar lugar a un tumor maligno, o que o converte nun xen supresor tumoral.

    Ademáis, este xen activa á súa vez un pseudoxen inhibidor da leucemia, chamado LIF6, do que o elefante ten entre 7 e 11 copias adicionales.

    Todos estes estudos axúdanos a comprender mellor a alta esperanza de vida dos elefantes.

    Noa

    sábado, 13 de outubro de 2018

    Adaptación dos camelos aos medios secos

       Existe a crenza popular de que a xiba dos camelos esta rechea de auga. Pero isto é mentira. Esta repleta de graxa. Nunha xiba pode almacenar hasta 36 quilos de graxa. O camelo é capaz de metabolizar esta graxa para producir auga, alimento e enerxía.
       O hidróxeno da graxa do camelo mestúrase co osíxeno producindo así auga. Con medio quilo de graxa, o camelo consigue medio litro de auga. O camelo empeza a perder peso ao realizar este proceso. De feito, a xiba empeza a diminuír de tamaño e incluso pode chegar a deslizarse a un costado. En canto o camelo volve a alimentarse, a súa xiba volve a colocarse en posición vertical.
       A capacidade de alimentarse do camelo é outro dos secretos para a súa supervivencia no deserto. En tan só uns 15 minutos, un camelo pode beber cerca de 140 litros de auga. Desde ese momento, comezará a producir graxa de novo.
       A pelaxe tamén inflúe. O camelo ten o pelo curto e uniforme repartido por todo o seu corpo. Con el evita que os raios do sol lle afecten de maneira directa. Pero ademais, cando a temperatura ambiental é superior á do seu corpo, a pelaxe non só non lle da calor, se non que axúdalle a reducilo.

    Nora Luaces Mesías, Naiara Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1ºB

    Adaptación dos raposos ao frío


       O raposo ártico é un animal incribelmente forte, capaz de sobrevivir ás frías temperaturas do Ártico, que poden alcanzar os -50º, nas zonas desarboradas nas que habita. 
      Ten as plantas dos pés peludas, orellas curtas e un fociño chato, todas elas adaptacións importantes para vivir nun clima frío. 
       Os raposos árticos viven en covas ou guaridas, e evitan o azote das fortes nevadas refuxiándose nos túneles que cavan na neve.
       Mudan estacionalmente o seu pelaxe adaptándoo ás necesidades de cada época. Deste modo, en verán a capa de pelo é fina e escura para facilitar a absorción de calor solar mentres que en inverno volvese moi espesa e branca brindando protección contra o frío e mimetismo.
       Outras das súas adaptacións contra o frío é a súa pel profunda e grosa, un sistema de intercambio de calor a contracorrente na circulación das patas para conservar a temperatura central e una boa cantidade de   graxa corporal.
                                       Bibliografía:

    Nora Luaces Mesías, Naiara Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1º ESO B

    martes, 9 de outubro de 2018

    CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA



    CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA

    Vai dirixido para os alumnos da ESO do CPI do Feal que sinten que levan un reporteiro dentro e ademáis lles gusta a Ciencia. 
    O concurso consiste en recompilar novas científicas, resumilas e subilas ao blogue. Acompañando este resumo, deben aparecer as seguintes partes:
    1)   Título para a nova
    2)   Nome e curso do alumno e materia na que se fixo o traballo
    3)   Medios de comunicación dos que se recolle a noticia (xornal, xornal científico ou sitio web)

    O concurso será trimestral, de xeito que en cada avaliación escollerase a mellor nova.
    ANÍMATE  e participa (para facelo, tes que falar antes con María Varela para que te habilite como colaborador/a)

    Ollos biónicos, unha posible realidade?

    Estamos nunha era na que se están a facer moitas investigacións relacionadas coa creación de partes do corpo biónicas (artificiais) para tratar enfermidades. Seguindo outros estudos anteriores, Michael McAlpine (profesor asociado de Enxeñería Mecánica na Universidade de Minnesota) dirixiu un estudo que tiña como obxectivo instalar fotorreceptores nunha superficie curva que simulase un ollo humano. McAlpine traballou co seu equipo, coñecido por crear dispositivos electrónicos, elementos biolóxicos e impresións en 3D como a orella biónica ou a tela sintética que funciona como pel biónica.
    Este estudo compúxose de tres pasos. o primeiro foi crear unha cúpula hemisférica de cristal que mostrase o xeito de imprimir dispositivos electrónicos nunha superficie curva. Para poder facer esta impresión precisaron dunha tinta de partículas de prata. Para asombro de todos, esta tinta secouse homoxeneamente (sen desprazarse pola superficie curva e sen deixar grumos) en forma de base na que logo os investigadores colocarían os semiconductores que converten a luz en electricidade chamados fotodiodos. Este sistema fotorreceptor capta a luz e a converte en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro.
    O proceso durou unha hora e o sistema realizouse cun material brando que pode chegar a ser implantado nun ollo real.
    O equipo de McAlpine pretende crear un próximo prototipo con máis detectores de luz que sexa máis eficiente.
    Anteriormente un equipo da Universidade de Newcastle mezclou células nai da córnea dun donante sá cunha solución de alxinato e coláxeno que funcionaba como unha biotinta. Este proceso durou dez minutos e deu como resultado un texido que pode funcionar como unha córnea. Ademáis, este texido pode crearse coas medidas de forma e tamaño da córnea dun paciente, o que daría unha córnea artificial coas dimensións dunha córnea real.
    Podemos dicir que estamos moi preto de curar enfermidades como a ceguera grazas a investigacións como estas.
    Aquí están os vídeos nos que as universidades mostran os seus avances e os procesos de creación.

    Prototipo de ollo biónico da Universidade de Minnesota

    Primeira córnea biónica da Universidade de Newcastle

    Noa