mércores, 24 de outubro de 2018

A MIGRACIÓN DOS ANIMAIS

A migración é un fenómeno polo cal os animais se trasladan periodicamente dunha rexión a outra, xeralmente de maneira cíclica e previsible, obedecendo a imperativos biolóxicos.
Os animais  migran principalmente debido a tres motivos:
  Atopar alimento.
  Reproducirse.
  Atopar un clima benigno.
TIPOS DE MIGRACIÓN
  Migración estacional: Coinciden cos cambios estacionais.
  Migración latitudinal: Manifiéstase no movemento de norte a sur.
  Migración altitudinal: Ocurre cando os animais migran en altitude.
  Migración reproductiva: As especies viajan cara lugares onde as súas crías teñan mais posibilidades de sobrevivir.
  Migración nómada: A manifiestan animiais que nos viaxan de un lugar a outro. É característico dos herbívoros que migran en manadas
  Migración definitiva: Os animais non regresan ao seu lugar de orixe. Ocurre cando o habitat rómpese e non llega a recuperarse


Algúns animais que migran pola necesidade de buscar comida son os ñus, da sabana africana, os renos da tundra en rexións boreais...


 A migracion mais coñecida é a das aves, que en verano crían en latitudes altas, cando alí abunda o alimento, e no inverno transládanse as latitudes baixas.



  
Pero tamén outras especies migran, como a bolboreta Danaus plexippus.
Millóns de bolboretas monarca viaxan aos seus territorios de invernada nos bosques de abetos cada vez máis pequenos de México. Aproveitando os ventos que brotan desde o sur de Canadá e norte de Estados Unidos, percorren miles de quilómetros, guiadas pola posición do sol



Ou réptiles coma as serpes, moitas especies de serpes despois da hibernacón seguen as mesmas rutas olorosas ano tras ano, independentemente dos obstáculos.
https://www.nationalgeographic.com.es/naturaleza/grandes-reportajes/fotografias-animales-durante-migracion_3404/7#slide-6
HUGO GUIZÁN 1º A

mércores, 17 de outubro de 2018

Por que os elefantes practicamente nunca morren de cancro?

Foi no ano 1975 cando o epidemiólogo Richard Peto desenvolveu a súa teoría de que canto máis grande era un animal, menos casos de cancro había na súa especie. É dicir, que cantas máis células hai nun individuo, menor número delas dan lugar a tumores malignos.

Nos nosos días este estudo está a ser continuado pola Universidade de Chicago e pola Universidade de Utah, que elexiron ao elefante como obxecto do seu estudo. Este animal ten 100 veces máis células que os seres humanos e case nunca falece de cancro. Por que?

O dato obtido foi o descubrimento dun xen especial chamado P53, do que o elefante ten 20 copias (os humanos, só 1) que repara o dano celular e elimina as células que poden dar lugar a un tumor maligno, o que o converte nun xen supresor tumoral.

Ademáis, este xen activa á súa vez un pseudoxen inhibidor da leucemia, chamado LIF6, do que o elefante ten entre 7 e 11 copias adicionales.

Todos estes estudos axúdanos a comprender mellor a alta esperanza de vida dos elefantes.

Noa

sábado, 13 de outubro de 2018

Adaptación dos camelos aos medios secos

   Existe a crenza popular de que a xiba dos camelos esta rechea de auga. Pero isto é mentira. Esta repleta de graxa. Nunha xiba pode almacenar hasta 36 quilos de graxa. O camelo é capaz de metabolizar esta graxa para producir auga, alimento e enerxía.
   O hidróxeno da graxa do camelo mestúrase co osíxeno producindo así auga. Con medio quilo de graxa, o camelo consigue medio litro de auga. O camelo empeza a perder peso ao realizar este proceso. De feito, a xiba empeza a diminuír de tamaño e incluso pode chegar a deslizarse a un costado. En canto o camelo volve a alimentarse, a súa xiba volve a colocarse en posición vertical.
   A capacidade de alimentarse do camelo é outro dos secretos para a súa supervivencia no deserto. En tan só uns 15 minutos, un camelo pode beber cerca de 140 litros de auga. Desde ese momento, comezará a producir graxa de novo.
   A pelaxe tamén inflúe. O camelo ten o pelo curto e uniforme repartido por todo o seu corpo. Con el evita que os raios do sol lle afecten de maneira directa. Pero ademais, cando a temperatura ambiental é superior á do seu corpo, a pelaxe non só non lle da calor, se non que axúdalle a reducilo.

Nora Luaces Mesías, Naiara Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1ºB

Adaptación dos raposos ao frío


   O raposo ártico é un animal incribelmente forte, capaz de sobrevivir ás frías temperaturas do Ártico, que poden alcanzar os -50º, nas zonas desarboradas nas que habita. 
  Ten as plantas dos pés peludas, orellas curtas e un fociño chato, todas elas adaptacións importantes para vivir nun clima frío. 
   Os raposos árticos viven en covas ou guaridas, e evitan o azote das fortes nevadas refuxiándose nos túneles que cavan na neve.
   Mudan estacionalmente o seu pelaxe adaptándoo ás necesidades de cada época. Deste modo, en verán a capa de pelo é fina e escura para facilitar a absorción de calor solar mentres que en inverno volvese moi espesa e branca brindando protección contra o frío e mimetismo.
   Outras das súas adaptacións contra o frío é a súa pel profunda e grosa, un sistema de intercambio de calor a contracorrente na circulación das patas para conservar a temperatura central e una boa cantidade de   graxa corporal.
                                   Bibliografía:

Nora Luaces Mesías, Naiara Ramos Pernas e Iara Leal Cendán 1º ESO B

martes, 9 de outubro de 2018

CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA



CONCURSO Á MELLOR NOVA DE CIENCIA

Vai dirixido para os alumnos da ESO do CPI do Feal que sinten que levan un reporteiro dentro e ademáis lles gusta a Ciencia. 
O concurso consiste en recompilar novas científicas, resumilas e subilas ao blogue. Acompañando este resumo, deben aparecer as seguintes partes:
1)   Título para a nova
2)   Nome e curso do alumno e materia na que se fixo o traballo
3)   Medios de comunicación dos que se recolle a noticia (xornal, xornal científico ou sitio web)

O concurso será trimestral, de xeito que en cada avaliación escollerase a mellor nova.
ANÍMATE  e participa (para facelo, tes que falar antes con María Varela para que te habilite como colaborador/a)

Ollos biónicos, unha posible realidade?

Estamos nunha era na que se están a facer moitas investigacións relacionadas coa creación de partes do corpo biónicas (artificiais) para tratar enfermidades. Seguindo outros estudos anteriores, Michael McAlpine (profesor asociado de Enxeñería Mecánica na Universidade de Minnesota) dirixiu un estudo que tiña como obxectivo instalar fotorreceptores nunha superficie curva que simulase un ollo humano. McAlpine traballou co seu equipo, coñecido por crear dispositivos electrónicos, elementos biolóxicos e impresións en 3D como a orella biónica ou a tela sintética que funciona como pel biónica.
Este estudo compúxose de tres pasos. o primeiro foi crear unha cúpula hemisférica de cristal que mostrase o xeito de imprimir dispositivos electrónicos nunha superficie curva. Para poder facer esta impresión precisaron dunha tinta de partículas de prata. Para asombro de todos, esta tinta secouse homoxeneamente (sen desprazarse pola superficie curva e sen deixar grumos) en forma de base na que logo os investigadores colocarían os semiconductores que converten a luz en electricidade chamados fotodiodos. Este sistema fotorreceptor capta a luz e a converte en impulsos eléctricos que se envían ao cerebro.
O proceso durou unha hora e o sistema realizouse cun material brando que pode chegar a ser implantado nun ollo real.
O equipo de McAlpine pretende crear un próximo prototipo con máis detectores de luz que sexa máis eficiente.
Anteriormente un equipo da Universidade de Newcastle mezclou células nai da córnea dun donante sá cunha solución de alxinato e coláxeno que funcionaba como unha biotinta. Este proceso durou dez minutos e deu como resultado un texido que pode funcionar como unha córnea. Ademáis, este texido pode crearse coas medidas de forma e tamaño da córnea dun paciente, o que daría unha córnea artificial coas dimensións dunha córnea real.
Podemos dicir que estamos moi preto de curar enfermidades como a ceguera grazas a investigacións como estas.
Aquí están os vídeos nos que as universidades mostran os seus avances e os procesos de creación.

Prototipo de ollo biónico da Universidade de Minnesota

Primeira córnea biónica da Universidade de Newcastle

Noa


domingo, 7 de outubro de 2018

A deforestación as súas causas e as súas posibles consecuencias

A DEFORESTACIÓN

A deforestación é un proceso no que se destrúe a superficie forestal, directa ou indirectamente pola acción do ser humano

1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza2. Posibles consecuenicias3. Solucións á deforestación 


1. A deforestación actual, causas e impacto na natureza.

As principais causas da deforestación son:

-Para a construcción de viviendas, esta vese agravada pola superpoboación .
-Para crear artículos comerciais, como papel, mobles e casas.
-Para crear ingredientes para articulos de consumo, como aceite de palma.
-Para crear espacio agrícola e gandeiro.
-Incendios forestales.



Na actualidade a deforestación causa un grandísimo impacto na natureza de diversas maneiras:

1. Danando a calidade dos solos, ao arrasar de forma masiva os bosques o solo queda duramente danado.

2. A reforestación insuficiente ou nula: esto resulta nun serio dano ao hábitat na perdida de biodiversidade e na aridez.

3. Nivel de dióxido de carbono: as árbores  producen o osíxeno, se estas se talan ese osíxeno deixa de producirse, e aumenta o nivel de dióxido de carbono.

4. A erosión do solo nas zonas deforestadas: a erosión destas zonas normalmente degrada as terras facéndoas non produtivas.

2. Posibles consecuencias.

Nun largo plazo as consecuencias serían as seguintes:

- A perdida de biodiversidade: significa a destrución e a extinción de moitas especies de plantas e animais.

- A desertización: ao eliminarse os bosques o solo queda desnudo, exposto a condicións extremas, o que acaba convertindo ao solo nun deserto.

- Aumento do cambio climático: ao aumentar a tala de arboles e por ende reducirse os niveis de osíxeno, aumentando á súa vez os de dióxido de carbono, aumenta o efecto invernadeiro.

- Inundacións: a deforestación pode dar lugar a que a cunca dos ríos xa non sexa capaz de soster e regular o nivel da auga, provocando así inundacións.

- Desaparición das selvas tropicais: se a tala de arboles segue ao ritmo actual dentro de cen anos xa non habrá selvas tropicais.

- Terra non apta para a agricultura e a gandería: a erosión das terras deforestadas converte o solo en infértil ou pouco apto para actividades agrícolas e gandeíras.


3. Solucións á deforestación.

existen distintas solucións para acabar coa deforestación por exemplo:

- Aplicar unha reforestación de calidade, o que evitaria a perdida completa do hábitat, e conservaría a maior parte da biodiversidade

-Aplicar leis a escala internacional, como restrinxir a cantidade de madeira talada por país, en función das súas necesidades ou numero de habitantes

- A maior implantación de productos ecolóxicos e a reutilización de obxetos de madeira.

4. Vídeos relacionados.















martes, 2 de outubro de 2018

CONCURSO "FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA" NO FEAL


CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA” CURSO 18/19

Un ano máis, convócase ao alumnado da ESO do Feal a participar no concurso de fotos da natureza, con un  premio de 2 ENTRADAS DE CINE. As bases do concurso atópanse máis abaixo. Algunhas fotos presentadas o ano pasado son:


"ACANTILADOS"
"CANÓNS DO RÍO SIL"



"O BOSQUE"


E A FOTO GAÑADORA FOI:

NA PRAIA DE DONIÑOS


BASES DO CONCURSO “FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA”
OBXECTO DO CONCURSO
Fotografías da natureza: paisaxes, seres vivos, fenómenos naturais (atmosféricos, xeolóxicos, biolóxicos, …) formacións xeolóxicas, procesos biolóxicos, …
PRAZO DE PRESENTACIÓN
DATA LÍMITE: 31 DE OUTUBRO. A partir desa data non se recollerán traballos.
PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a todos os alumnos da ESO
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
·         CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
o   As fotografías teñen que representar algo relacionado coa natureza.
o   Deben ser fotografías feitas polo alumno/a que a presenta ao concurso, DE TAL FORMA QUE AO PINCHAR A FOTO APAREZAN AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E O DÍA QUE SE FIXO A FOTO
o   Pódense presentar 2 fotografías por concursante
o   Se na fotografía aparece unha persona recoñecible e allea ao instituto, requírese autorización para o uso e difusión da foto.
·         FORMA DE PRESENTACIÓN E ENVÍO
o   A fotografía enviarase a un apartado aberto na aula virtual do Departamento de Bioloxía cubrindo unha ficha cos datos seguintes:
§  NOME DO AUTOR
§  DATA E LUGAR NO QUE SE TOMOU A FOTO
§  DISPOSITIVO EMPREGADO PARA FACER A FOTO
§  TÍTULO DA  FOTO
·         XURADO
As fotos estarán expostas no instituto durante a segunda semana de novembro, cun número asignado e de forma anónima, de tal forma que os alumnos poderán votar a foto que máis lles gusta en un sitio habilitado na aula virtual, onde tamén estarán expostas as fotos.
PREMIO:
2 ENTRADAS DE CINE
ORGANIZA : DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA