sábado, 28 de abril de 2018

Fenómenos que asociamos aos movementos das placas litosféricas

A litosfera está rota en placas, chamadas placas litosféricas. Hai once máis grandes e outras máis pequeñas. A maioría está formada polos dous tipos de litosfera (oceánica e continental), aínda que hai algunhas que só están formadas por unha. Estas placas desprázanse unhas con respecto das outras como consecuencia da dinámica do manto, e o fan de tres xeitos:
  1. Colisionando
  2. Separándose
  3. Escorregando
Colisionando: dúas placas chocan unha contra outra, polo que a máis densa e pesada afúndese baixo a máis lixeira.Pode darse o caso de que choquen unha placa oceánica e outra continental, polo que entón a placa oceánica quedaría debaixo e formaríase unha zona de subdución. Cando isto sucede, fórmase un bordo converxente.

Separándose: dúas placas sepáranse, e o material do manto que había entre elas sae á superficie e orixina litosfera oceánica. A fenda que queda entre as dúas placas recibe o nome de rift. Cando isto sucede fórmase un bordo diverxente.

Escorregando: dúas placas escorregan unha contra outra horizontalmente. Fórmase unha falla transformante. Cando isto sucede fórmase un bordo de cizalla.

Os bordos das placas son zonas de gran rico sísmico e volcánico. Os bordos converxentes e de cizalla
orixinan sismicidade, mentres que os bordos diverxentes son zonas de gran risco volcánico.

Un volcán manifesta como o calor do manto expulsa ao exterior rocha fundida, fragmentos de rocha sólida, gases e cinzas á atmosfera.
Os terremotos débense á vibración producida polos movementos ou roturas da codia terrestre.

Déixovos algunhas imaxes:




domingo, 22 de abril de 2018

Tipos de rochas

TIPOS DE ROCHAS

Unha rocha é un sólido cohesionado que está formado por un ou máis minerais.
As rochas pódense clasificar en tres grupos:
Ø  Sedimentarias: fórmanse a partir da *diaxénese de sedimentos orixinados pola alteración das rochas preexistentes, que foron transportados polos axentes xeolóxicos e depositados nas cuncas sedimentarias.
Segundo a orixe dos sedimentos as rochas sedimentarias divídense en:
·        Rochas detríticas: Fórmanse pola acumulación de clastos** procedentes da meteorización doutras rochas, que chegan transportados polos axentes xeolóxicos, á súa vez as rochas dentríticas clasifícanse en tres grupos principais:
o   Conglomerados: Formados por cantos. Entre estes pode haber ademais area e arcilla.
o   Pedras de gra: Constituídas por grans de area compactados e unidos entre sí.
o   Lutitas: Formadas por partículas de arxilla tan pequenas que só se poden diferenciar cun microspocio
·        Rochas non dentríticas: Orixínanse pola acumulación de materiais no mesmo lugar da súa sedimentación. Clasifícanse en tres tipos, segundo a súa composición química:
o   Rochas carbonatadas: Compostas maioritariamente por carbonatos.
o   Rochas evaporíticas: Fórmanse pola evaporación da auga.
o   Rochas orgánicas: Prodúcense pola acumulación de restos órganicos.

Ø  Magmáticas (ou ígneas): Son as que se forman a partir do magma.
As rochas magmáticas divídense en tres grupos:
·        Rochas plutónicas: Orixínanse cando o magma se consolida no interior da codia, sen chegar a alcanzar a superficie. O seu arrefriamento é moi lento, o que permite a cristalización dos minerais. A rocha presenta por isto unha estructura cristalina, é dicir, os minerais están cristalizados e poden recoñecerse a simple vista.
·        Rochas volcánicas: Prodúcense cando a lava solidifícase, tanto na superficie terrestre, ou baixo a auga. O arrefriamento rápido da lava non permite a formación de cristais grandes, polo que a rocha presenta unha textura microcristalina (con cristais diminutos) ou ven vítrea (sen cristais).
·        Rochas filonianas: Prodúcense cando o magma ascende ata zonas superficiais, pero non chega a saír ao exterior, introdúcense polas zonas  fracturadas formando diques ou filóns.

Ø  Metamórficas: Fórmanse a través de cambios das rochas magmáticas e sedimentarias producidos por altas presión e temperatura.
As rochas metamórficas poden presentar diferentes tipos estructurais dependendo da disposición dos seus compoñentes:
§  Estructura foliada: Aspecto de láminas superpostas, que poden ser planas e paralelas ou estar deformadas.
§  Estructura granoblástica: No interior da rocha metamórfica aparecen cristais irregulares soldados entre sí. A rocha non presenta direccións preferentes de rotura.

* É o conxunto de procesos de formación dunha rocha sedimentaria a partir de sedimentos.

** Fragmentos de rochas de tamaños moi diversos.



Enlace a vídeo relacionado:


Enlace a páxinas web relacionadas:


Mario Mouriz    

martes, 17 de abril de 2018

Día Mundial da Hemofilia



Dado que hoxe é o Día Mundial da Hemofilia, aproveito para contaros algúns datos sobre esta enfermidade que se produce por unha deficiencia de proteínas que interveñen no sistema de coagulación do sangue, e que pode presentar un risco para a persoa que vive día a día con ela.

A chamada "enfermidade dos reis" (pola súa presenza nas casas reais) é unha enfermidade vinculada ao cromosoma X, polo que son as mulleres (cromosomas XX) as portadoras, e os homes (cromosomas XY) os afectados. Maniféstase a través de hemorraxias frecuentes, ben internas ou externas, que poden ser graves problemas para o enfermo. Tamén está considerada como unha enfermidade discapacitante, xa que se lle poden asociar danos articulares que dificulten o movemento.

Nos últimos anos houbo unha serie de avances médicos e científicos que permitiron desenvolver tratamentos para combatir a hemofilia. Aínda non hai unha cura definitiva, pero a esperanza de vida das persoas con esta enfermidade mellorou moito con respecto a anos atrás. A Federación Española de Hemofilia (FEDHEMO) denuncia que existen tratamentos aprobados e dispoñibles na Unión Europea que non chegan a España por motivos económicos.

A Federación impulsa hoxe, Día Mundial da Hemofilia, a iniciativa de levar unhas gafas vermellas a favor da investigación desta coagulopatía. Ademáis, aquí déixovos a páxina da FEDHEMO, por se queredes ler máis información sobre estes casos: http://fedhemo.com/

Resultado de imagen de hemofilia



luns, 16 de abril de 2018

Efectos das drogas no sistema nervioso

Efectos das drogas no sistema nervioso

As drogas son substancias químicas que ao ser incorporadas no organismo, teñen efectos sobre o individuo, que involucran a modificación da conciencia, o estado de ánimo e os procesos de pensamento.

Que efectos teñen as drogas no SNC?

polos seus efectos no Sistema Nervioso Central distínguense tres tipos de drogas:

1) drogas estimulantes, aceleran e aumentan a actividade funcional do cerebro, por exemplo:
a cocaína e a cafeína.

2) drogas depresoras,suprimen a acción do Sistema Nervioso Central, é dicir, diminúen a actividade corporal, en xeral, estas drogas producen sono e relaxación, claros exemplos destas drogas son, por exemplo: a marihuana, a morfina e o alcohol.

3) drogas alucinóxenas, causan grandes alteracións na percepción da realidade, producen delirios, alucinacións e estados de confusión, algúns exemplos son: o LSD ou o éxtasis 

Que efectos teñen as drogas nas neuronas?

O consumo de drogas afecta principalmente nas diferentes etapas da sinapse, é dicir, as alteracións vense na liberación de neurotransmisores e na transmisión de señais  intracelulares.

Os efectos poden variar dependendo da substancia que se consuma.

deixo os enlaces a cinco interesantes vídeos sobre os tipos de drogas e os seus efectos

https://www.youtube.com/watch?v=Zo1Z5c3NNlQ (opiácios e tranquilizantes)
https://www.youtube.com/watch?v=vqHepjlHRo0 (alucinóxenos e drogas de diseño)

Este artículo ven a resumir parte da información dada na charla para a prevención de consumo de drogas o Luns 9 de abril en 3ºA.









domingo, 15 de abril de 2018

A sonda TESS relevará a Kepler na búsqueda de outros mundos

O satélite TESS da NASA surcará mañá o espazo a bordo do foguete Falcon 9, e será o encargado de relevar ao tamén satélite Kepler na búsqueda de exoplanetas (planetas que orbitan ao redor dunha estrela distinta ao Sol e que, polo tanto, non pertencen ao Sistema Solar) nos que puidera haber vida.

Kepler lanzouse no ano 2009 e descubreu uns 3000 exoplanetas. Ademáis, confirmou que hai máis planetas que estrelas na nosa galaxia e que o Sol pertence a unha categoría común de estrelas. Pero a NASA comunicou o mes pasado que o combustible íase rematar, polo que agora será TESS o encargado de realizar esta misión.

Da mesma forma que Kepler estivo acompañado do telescopio Hubble, TESS estará acompañado do telescopio James Webb que está programado para lanzarse ao Espacio no ano 2020. Mentres que o satélite determinará a masa e a órbita de 50 novos planetas, o telescopio investigará as súas propiedades.

Para moitos, comeza unha nova era na investigación de exoplanetas.

venres, 13 de abril de 2018

MAQUETAS DE CÉLULAS DO FEAL (CURSO 17/18)



Células feitas por rapaces con ansias de aprender.




A medusa máis letal do mundo

A medusa avespa ou medusa caixa (Chironex fleckeri ) é a medusa máis letal do mundo. Habita en augas cálidas costeiras australianas.
A súa umbrela ten forma cuadrada y de ela saen 60 tentáculos de aproximadamente 80cm de largo.
É translúcida e brilla na escuridade. Pode chegar ao tamaño dunha pelota de baloncesto,con tentáculos de ata 3 metros de largo, cada un con 5 mil millóns de aguillóns microscópicos (cnidocitos) que poden introducir un letal veleno. Cando os tentáculos entran en contacto coa pel é extremadamente doloroso, arde, e se senten pequenos toques movemento normal na zona de contacto. Ao momento do primeiro contacto a dor é particularmente intensa e pode chegar a persistir durante 48 horas, en promedio 12 horas. Uns 20 minutos
despois da picadura prodúcese o síndrome irukandji, que comeza cun intenso dor en todo o corpo, o ritmo cardíaco triplícase, a tensión duplícase;polo xeral a morte sobrevén tras unha embolia cardíaca.
Resultado de imagen de chironex fleckeri

Bibliografía: Wikipedia
Sara Vázquez de Peroy

xoves, 12 de abril de 2018

COMO FALAN OS LOROS
Hai que destacar que os loros non posúen cordas vogais e o que fan é emitir sons, a través dos cales se comunican cos da súa mesma especie, ao tratarse dunha ave de gran capacidade social. Polo tanto, hai que ter en conta o feito de que os loros non falan nin teñen a capacidade de manter conversación algunha, tal e como entendemos os humanos o concepto de falar e conversar. En realidade o que os loros fan (e outras aves coma as cotorras, corvos, urracas, estorninos, cacatúas, etc…) é repitir aqueles sons que escoitaron e son capaces de reproducilos con gran precisión, grazas ao órgano vogal que posúen, na base da tráquea, chamado “siringe”. A pequena lingua redonda que teñen, a cal moven con gran rapidez, provoca que as vibracións do aire nas paredes da siringe reproduzan aqueles sons que escoitaron e queren emitir.

Bibliografia
WWW.INFOANIMALES.COM
WWW.HABLEMOSDEAVES.COM
REALIZADO POR:
IAGO MEIZOSO MÀRQUEZ 

mércores, 11 de abril de 2018

Ciencia a conciencia

Comezamos unha nova andadura con este blog que pretende servir de vehículo de  debate e diversión usando como fonte a Ciencia en todas as súas facetas. E de paso, se nos divertimos, pois mellor.